Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 6 de novembro de 2012

Concursando en 3,2,1....XA!!!!

Dende a semana pasada, unha exposición sobre a Novela negra pode ser vista no pasillo central, elaborada polo IES Alexandre Bóveda de Vigo. Agardamos que vos anime a ir adentrándovos no mundo do misterio e crime, claves deste xénero novelístico. Boa mostra son as novelas de Estudio en Escarlata. Una novela de Sherlock Holmes, de Arthur Conan Doyle,  que están a ler os de 1º de ESO, Diez negritos, de Agatha Christie,  que están a ler os de 2º, e O can dos Baskerville, do dito autor,  que están a ler os membros do club de lectura de 3º e 4º (Lembrade  que temos a primeira reunión o venres 23, e que comentaremos os 8 primeros capítulos).

Pois imos propoñervos un concurso de preguntas e respostas sobre os contidos da exposición.As respostas están nos propios paneis maioritariamente, mais algunhas cuestións tamén deben ser investigadas. Non podería ser menos, tratándose deste xénero detectivesco. Iremos colgando varias preguntas cada unha das vindeiras semanas. Podedes contestalas aquí no blog ou na caixa que a tal efecto poñeremos no pasillo. O alumnado que acerte máis preguntas ao final do concurso, levará un agasallo relacionado cos contidos do mesmo e/ou material escolar. Haberá vari@s premiad@s.

Aí van as primeiras 5 preguntas para esta semana. Acéptanse respostas ata o día 12 de Novembro, luns, á hora do recreo. Ese mesmo día colgaremos as seguintes 5 preguntas.

PREGUNTAS CONCURSO (Semana 6 - 12 de Novembro)


1.  Quen utilizou por primeira vez as pegadas dixitais? En que época?
2.  Poden xurdir novelas policiais en zonas rurais? Por que?
3.  Que é a Axencia Pinkerton? Coñeces algún detective dela? Busca información sobre a súa importancia       na época. E algunha outra obra que faga referencia a ela?
4.  Por que algúns relacionan este tipo de novela co “salvaxe” Oeste?
5.  Serías quen de establecer as principais diferenzas entre a novela de enigma e a negra?