Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



lunes, 2 de marzo de 2020

Fragmento de “A gaita gallega” nas voces de Lorena Becerra Varela e súa curmá Laura



Fragmento de “A gaita gallega” nas voces de Lorena Becerra Varela (3º ESO) e súa curmá Laura (13 anos). CPI Viaño Pequeno (Trazo). Día de Rosalía de Castro 2020. #ErrantesPoloMundo_rdc_20 @aelg @CasadeRosalia

A gaita gallega

I
Cando este cantar, poeta,
na lira xemendo entonas,
non sei o que por min pasa
que as lágrimiñas me afogan,
que ante de min cruzar vexo
a Virgen-mártir que invocas,
cos pes cravados de espiñas,
cas mans cubertas de rosas.
En vano a gaita, tocando
unha alborada de groria,
sons polos aires espalla
que cán nas tembrantes ondas;
en vano baila contenta
nas eiras a turba louca,
que aqueles sons, tal me afrixen,
cousas tan tristes me contan,
que eu podo decirche:
non canta, que chora.

“¡Follas novas!, risa dáme” nas voces de Gloria Bello Fraga e súa irmá Noelia



¡Follas novas!, risa dáme” nas voces de Gloria Bello Fraga (3º ESO) e súa irmá Noelia (12 anos). CPI Viaño Pequeno (Trazo). Día de Rosalía de Castro 2020. #ErrantesPoloMundo_rdc_20 @aelg @CasadeRosalia

¡Follas novas!, risa dáme

¡Follas novas!, risa dáme
ese nome que levás,
cal si a unha moura ben moura,
branca lle oíse chamar.

Non Follas novas; ramallo
de toxos e silvas sós;
irtas, como as miñas penas;
feras, como a miña dor.

Sin olido nin frescura,
bravas magoás e ferís...
¡Se na gándara brotades,
cómo non serés así!