Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



luns, 10 de xuño de 2024

Book tráiler (CII): A canción de Sálvora, do libro Acordes náufragos, de Antón Riveiro Coello. Realizado por Nicolás Marzoa Sendón

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler do relato A canción de Sálvora, do libro Acordes náufragos, de Antón Riveiro Coello (Galaxia, 2014). Realización youtubeira: Nicolás Marzoa Sendón, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (CI): Iridium, de Francisco Castro. Realizado por Iván Regueiro Liste

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Iridium, de Francisco Castro (col. Costa Oeste. Galaxia, 2018). Realización youtubeira: Iván Regueiro Liste, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo) 


 

Book tráiler (C): Iridium, de Francisco Castro. Realizado por Rebeca Boquete Gendra

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Iridium, de Francisco Castro (col. Costa Oeste. Galaxia, 2018). Realización youtubeira: Rebeca Boquete Gendra, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo) 


 

Balda de Libros (XLIII): Palabra de bruxa, de Andrea Barreira

 


Palabra de bruxa. Andrea Barreira. Galaxia

A min gustume moito o libro, volvería lelo, aínda que custoume un pouco entendelo xa que nalgúns capitulos contaban cousas de cando era pequena ou estaba coa súa avoa e lieime un pouco. Tamén tiña algunhas palabras que non entendín. Pero á parte diso, pareceume moi entretido e fácil de ler.

A miña personaxe favorita é a protagonista, xa que a pesar de ser xulgada pola xente, nunca deixou de ser como era e iso paréceme moi importante xa que ás veces deixámonos levar polas opinións dos demais e convertémonos en alguén que non somos de verdade e se o fixeramos todos seriamos iguais.

Os personaxes que menos me gustaron foron os xuíces do tribunal xa que a xulgaban por cousas que non saben se son certas ou non, e outras que non teñen que ver con ninguén, como por exemplo os abortos ou a infertilidade.

Outras personaxes que tamén me gustaron foron as amigas da protagonista, xa que sempre están ao seu lado para apoiala.

Ainhoa Leis Ríos (3º ESO)

Balda de Libros (XLII): A ermida do diaño, de Xelucho Abella Chouciño

 


A ermida do diaño. Xelucho Abella Chouciño. Galaxia

O meu momento favorito do libro aparece na segunda historia, nela cóntase a historia de dous namorados cunha maldición, sen dúbida o mellor momento é cando o señor se lembra da súa maldición, aínda que non a poida romper, é un momento moi bonito e romantico.

É un libro moi interesante e intrigante, xa que ten un contido moi variado (comedia, horror, ciencia ficción, etc.) e aínda que ten unha lingua un tanto complexa enténdese bastante ben.

Os personaxes son:

Carlos: o señor que sofre a maldición xunto á súa amada; é unha persoa romántica, amorosa, intelixente e que non se rende. Loita pola súa amda e quere que volvan pasar e desfrutar de tempo xuntos, aínda que sexa só cada 100 anos en Samaín.

O señor do can: é unha pesoa moi desconfiada e cariñosa pero só có can abandonado que aparece na porta da súa casa, xa que cando descobre que vive nun bucle no que sempre morre grazas a que o can lle morde o pescozo segue tratándoo ben, tamén é rancoroso cos seus antigos profesores.

E o protagonista da primeira historia: interesado e egoísta, xa que fala co taberneiro cando lle convén e axuda ao señor da ermida a botar aos diaños xa que senón atacaríano a el tamén e sufriría o dano causado polos demos.

Noelia Martínez Rodríguez (3º ESO)