Memorias dun neno labrego.
Xosé Neira Vilas. Galaxia
Memorias
dun neno labrego é sen dúbida, unha das obras que tes que ler
polo menos unha vez na túa vida. Este pequeno libro ensínanos como
é a vida de Balbino, un rapaz de aldea que vive na pobreza. El mesmo
afirma que é un ninguén, un ninguén que narra as súas aventuras
dunha forma única e especial. Fainos viaxar ao pasado con todos os
sentimentos posibles, xa que se conta dende a perspectiva dun neno,
sendo unha óptica sinxela pero profunda.
A
novela de Xosé Neira fainos dar conta da importancia das pequenas
cousas, dos momentos sinxelos pero que nos fan ser felices, entre
outras reflexións. Vemos un rapaz que vive os acontecementos dende a
inocencia e o pouco coñecemento da vida, isto fai que lle collamos
máis cariño e que nos sintamos conmovidos polas súas historias
cheas de emocións.
É
unha obra imprescindible da literatura galega, que nos invita a vivir
na nosa propia pel a pobreza galega do pasado. Unha novela
sinceramente inmellorable, cun amplo léxico galego.
Por
último engado que eu recomendaríalla ler a calquera que estivese
minimamente interesado pola literatura galega.
Victoria Domínguez Marinho (4º
ESO)
Este libro conta varias historias
que lle acontecen a un neno, unha en cada capítulo, o cal se mete en
moitos problemas. O libro é moi entretido pero segundo o meu
criterio ou a miña opinión faise complicado de ler, xa que cada
capítulo conta unha aventura de Balbino sen ningún tipo de relación
coa aventura anterior, iso dificulta a lectura xa que non é unha
historia fluída. Quitando iso, as historias están moi ben e é moi
entretido ler, recomendaríao por suposto.
Falando do vocabulario do libro,
non me pareceu moi complicado de ler, algúns capítulos danse
entendido mellor ca outros pero polo xeral non hai problema.
Avaliando se me pareceu interesante ou non, a verdade é que estivo
ben, pareceume moi interesante e intrigante ver todo o que lle vai
ocorrendo a todos os personaxes, por exemplo como o can de Balbino
morre polo veleno das galiñas ou como de preocupados acababan os
pais.
O momento máis importante do
libro para min foi o final, cando Balbino consegue o seu propio
traballo.
Os mellores personaxes foron
Balbino o protagonista e Manolito, que aínda que fora un neno moi desagradable para Balbino,
foi bastante importante no libro polos seus comportamentos.
Carla Lema Domínguez (4º ESO)
Este
libro gustoume moito porque relata unha historia moi semellante ás
que sucedían na realidade como por exemplo a pobreza e os abusos dos
pais en moitos casos e por suposto pola emigración a América, a cal
foi unha das fases máis importantes de Galicia.
O
libro está moi ben porque non é un libro longo nin difícil de ler
e ademais hai algunhas das historias que se contan que están moi
ben, como por exemplo a historia que nos di que Balbino case
marcha río abaixo.
Os
personaxes para min son en xeral todos agradables e simpáticos menos
o pai do rapaz e o tío que eran uns abusadores que non se sabían
controlar. A min a personaxe que máis me gustou foi a de Lalo de
Cidre porque o neno arrisca a súa vida para salvar a de Balbino que
nin sequera o coñecía.
Unha
das únicas pegas que lle podo poñer ao libro, ademais de que hai
algún capitulo que para o meu
gusto non é moi bo, é que o final non é un desenlace ao que
estamos acostumados a ver porque é outra historia que é a que lle
dá título a esta obra e normalmente as novelas e libros que
adoitamos ler son sempre con finais tráxicos ou bos que parten do
tema principal do relato.
O
que quizais máis me gustou do libro é que ao lelo te engancha cada
vez máis ou polo menos foi o que me pasou a min.
Anxo Domínguez Martínez (4º
ESO)
A
min este libro gustoume moito porque fáiseme unha historia moi
interesante e emocionante.
Gustoume
como Xosé Neira Vilas describiu os sentimentos de Balbino dun xeito
sutil e discreto. O libro pareceume atractivo e fácil de ler pola
sinxeleza do vocabulario e as diversas aventuras que se producen ao
longo da obra, facéndoa máis animada. Destaca como o autor mantén
a historia a pesar da gran cantidade de personaxes que rodean a
Balbino. Ao principio, o personaxe de Balbino é bastante sinxelo e a
lectura pode parecer un pouco lenta e aburrida. Porén, todo cambia
cando decide marchar da casa e romper coas expectativas dos seus
pais. A partir dese momento, a historia faise máis animada e
entretida.
O
momento que máis me gustou foi cando Balbino se fixo amigo de Lelo,
e por último o momento que menos me gustou sen dúbida foi cando
Manolito empezou a insultar a Balbino e este tiroulle unha pedra.
Ainoha González Iglesias (4º
ESO)
Paréceme
un libro bastante interesante, non me pareceu nada aburrido, de feito
enganchoume bastante. Non é
dos textos
que máis fácil me pareceu de ler porque non teñen case
relación os capítulos e entón
enredábame
un pouco, pero aínda
así entendino bastante ben.
A
min persoalmente o momento que máis
me gustou foi cando no capítulo
8, que se titula
“O Rebusque”, Balbino estaba
todo ilusionado coa
caixa
que atopara no monte porque cría que aí había
tesouros que ían
sacar á
súa
familia da pobreza, pero o día
seguinte cando viu que a perdera desilusionouse
todo, porque a partir diso
pensa que vai quedar pobre para sempre.
O
meu personaxe preferido é
o amigo de Balbino porque o salva cando ía
caer ao
río
sen coñecelo
de nada.
Para
min a portada ten moi que ver porque é
un neno e principalmente o que aparece
na historia é
Balbino, o título
tamén
me parece que ten bastante que ver porque ao
final son cousas que Balbino recorda.
Nerea Sánchez Castro (4º ESO)
Este
libro gustoume moito, ten un argumento bastante orixinal, e está moi
ben escrito. Ten unha trama interesante, e é moi fácil de ler. Usa
un vocabulario bastante común e fácil de entender.
O
único que non me gustou deste libro foi que cada capítulo era unha
historia diferente á anterior,
en lugar de ser unha única historia, pero iso
xa é para o gusto de cada un.
O
título que lle puxo o autor gústame moito, pero eu penso que os hai
mellores. Por exemplo, eu
poñeríalle: O
caderno de Balbino,
porque Balbino escribe todo o que lle pasa no seu caderno,
o cal aprecia moito.
A
min as historias deste libro gustáronme moito, xa que son moi
realistas, aínda que non se parezan
á realidade que vivimos agora, parécense á realidade vivida por
nosos avós e avoas, porque a narración foi escrita hai bastantes anos.
Os
personaxes están
todos bastante elaborados, pero o meu favorito é Balbino, pois é do
que máis se fala. Porén
detesto o personaxe de Manolito.
Anímovos
a ler este libro, seguro que vos encanta.
Laura Noya Sánchez (4º ESO)
Memorias
dun neno labrego
pareceume un libro moi interesante con moitas historias contadas en
forma de anécdotas.
O
seu protagonista, Balbino, é un neno moi valente e aventureiro. É
unha persoa inocente e insatisfeita coa súa vida. Balbino ten un
irmán chamado Miguel o cal marcha e non lle volve falar, por iso,
para min é o peor personaxe do libro. A pesar diso, é verdade que
é moi valente pola súa parte
marchar a América para perseguir o seu soño de ser modelo.
A
miña personaxe
favorita foi Eladia xa que me pareceu unha persoa moi amable e moi boa
persoa.
Pachín, o can,
a pesar de non ser unha persoa, foi outro dos meus personaxes
favoritos por ser un animal tan leal e bo.
Memorias
dun neno labrego
ten un vocabulario axeitado e é moi sinxelo de ler.
Penso
que o seu final é moi bo e non cambiaría nada deste nin do contido
xeral do libro. Gustoume moito o detalle de que cada capítulo sexa
unha etapa diferente da adolescencia de Balbino e considero moi
entretidas as súas anécdotas e lembranzas.
Alexandra Noemy Sousa Cruz (4º
ESO)
A
verdade é que este libro gustoume moito. Foi entretido e non me
levou moito tempo a lectura.
Con
respecto ao vocabulario, entendín bastante ben o libro en xeral,
aínda que había algunhas palabras que non coñecía ou das que non
sabía o significado.
Os
temas son bastante interesantes. Trátanse varios como a pobreza, o
traballo duro no campo, as tradicións rurais, as relacións
familiares, a educación ou a esperanza dun futuro mellor. No libro
vaise contando como vivía e as cousas que lle ían pasando a un
rapaz galego de mediados do século XX.
O
meu personaxe preferido é Balbino, o rapaz do que acabo de falar, en
parte porque é o protagonista. Balbino é un rapaz pícaro e valente
Este rapaz vivía na aldea coa súa familia, a cal non tiña moitos
cartos. Pero aínda así, isto non lle impedirá vivir moitas
aventuras, as cales escribirá nun caderno.
Un
dos personaxes que menos me gustou foi o pai de Balbino, xa que lle
pegaba ás veces ao seu fillo.
Recomendo
a lectura deste libro.
Samuel
Grela Seoane (4º ESO)
Este
libro gustoume moito, pareceume moi divertido e entretido e ademais
non te cansas de lelo.
O
momento que máis me gustou foi cando Lelo salvou a Balbino de que
morrese no río, polo que demostrou que era unha gran persoa e
finalmente acabaría sendo alguén moi importante para Balbino, tamén
o consideraba un gran amigo a pesar do pouquiño tempo que estiveron
xuntos.
O
momento que menos me gustou porque me deu moita pena, foi cando
Balbino viu á súa mestra cun novo mozo, xa que iso provocou que
estivera moi enfermo. E tampouco me gustou a actitude que tiña o pai
de Balbino con el xa que sempre lle pegaba e iso non está ben, xa
que aínda era un rapaz.
A
miña personaxe favorita foi Balbino porque contaba a súa vida sen
ningún segredo e tamén porque é o principal protagonista e é o
máis entretido. Tamén me gustou seu padriño porque lle intentaba
dar os mellores consellos e dicirlle o que el faría.
Pola
contra, a personaxe que menos me gustou foi Manolito porque considero
que se portou moi mal con Balbino.
Valeria
Grela Bello (4º ESO)
Memorias
dun neno labrego é un libro moi interesante e sobre todo bonito, xa
que vai narrando toda a vida de Balbino.
É
moi fácil de ler e moi emocionante, xa que cando o estás lendo tes
moita intriga polo seguinte que vai pasar, estás sempre interesado
polo que vai suceder no seguinte capítulo. Por iso engancha moito.
O
meu personaxe favorito sen dúbida é Lelo, xa que me parece moi boa
persona, xa que axudou moito a Balbino, e sempre estivo aí para el,
ata cando marchou ás Américas e se acordou del mandándolle unha
carta.
O
personaxe que menos me gustou foi Manoliño, xa que parece moi
larchán dicindo cousas sobre os demais. Tampouco me gustou moito o
irmán de Balbino xa que me parece algo egoísta ao non dicirlle nada
sobre as Américas sabendo a ilusión que lle facía.
E
o momento que máis me gustou foi cando Balbino se namorou da mestra
aínda que ao final se desilusionou.
Nuria
Recouso Pena (4º ESO)
Este
libro pareceume un moi bo libro, xa que para os anos que ten utiliza
unha lingua que se pode
entender facilmente
coa evolución das palabras, aínda
que algunhas delas
xa poidan
estar
en desuso e tívenas
que buscar no
Portal das Palabras.
O
tema gustoume moito, xa que eu nunca lera un libro baseado
nun diario real dunha persoa calquera (aínda
que para min, Neira Vilas
debeu de esaxerar
algunhas partes da historia, xa que dubido
moito que xusto encontra un amigo e ese
amigo teña que marcharse).
Gustáronme
moito os protagonistas, sobre todo o tío de Balbino e o propio
Balbino, e o que menos me gustou foi o trato da familia de Balbino ao
propio neno,
aínda
que así fora a mentalidade da época.
En
canto ao
desenvolvemento, algúns capítulos, para min, poderían
ser eliminados e así
quedaría
mellor a historia. A miña escena favorita é
cando Balbino fai o “lume”, como lle din no libro, na festa cos
outros rapaces
da aldea.
En
conclusión este libro recoméndollo
a persoas que poidan aguantar aos familiares de Balbino, que son un
pouco pesados, pero polo resto recomendo moito a
lectura.
Simón
Varela Baleato
(4º ESO)