Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



domingo, 3 de decembro de 2023

Balda de Libros (XII): Camiñando sobre as augas, de José Viale Moutinho

 

Camiñando sobre as augas. José Viale Moutinho. Tradución de Xela Arias. Xerais

Este libro trata sobre unha serie de relatos diferentes entre si que falan de temas moi diversos, un pouco tétricos como por exemplo, o falecemento dunha muller despois de pasar por unha longa e grave enfermidade.

No persoal, resultoume un pouco complexo de ler, xa que sobre todo ao comezo o autor non emprega moitas pausas. Isto fixo que tivera un ritmo de lectura un pouco máis lento do normal. A pesar disto, non me cabe dúbida de que o esforzo valeu a pena, xa que unha vez me atopaba somerxida na lectura, os temas que se trataban canto máis ía avanzando o libro máis me gustaban.

Falando de personaxes, a miña personaxe favorita foi a moza que coidou da muller enferma que vos comentei antes ata o final dos seus días. Foi ela a escollida xa que me pareceu que o seu comportamento ao longo do relato foi exemplar. Sempre estaba alí para axudala en todo o necesario, incluso cando lle quixo escribir unha carta ao seu pai francés, que como ela non entendía esa lingua buscou pola aldea alguén que o entendese para cumprir o que ía ser un dos seus derradeiros desexos.

Uxía Mariño Parafita (4º ESO)


Ningún comentario: