Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



mércores, 24 de maio de 2023

Andel de Libros (XXX): Os nenos da varíola, de María Solar



Os nenos da varíola. María Solar. Galaxia 

Este libro titulado Os nenos da varíola encantoume, xa que fala dun tema moi interesante sobre a nosa historia dunha forma discreta e para nada pesada, ao contrario faise unha lectura moi levadeira polo entretida que é a historia que nos conta María Solar. 

Aínda que foi unha época complicada pola enfermidade, xa que supuxo unha gran cantidade de mortes, paréceme que a novela soubo redactar o máis importante sobre ese tema e transformalo en forma dunha historia que calquera poida entender e desfrutar dela.

Gustoume moito como se desenvolveu a narración en xeral, pero o que realmente me enganchou ao comezo do libro foi a historia de Candela e Ezequiel. Xa que estás constantemente pendente de que se poidan reencontrar dunha vez. Cando o fan, ó final do libro, gustaríame ter visto máis contidos sobre como continuou a súa historia, e como foi ese seu reencontro, pero chegoume con saber que tiveron un merecido final.

Tamén hai outros personaxes cunha gran historia detrás, por exemplo, Clemente que aínda que é un personaxe secundario, fíxoseme moi riquiño e gustaríame que tivese un final no que acabe ben. E a outra personaxe é Isabel, unha muller digna de admirar, xa que é unha muller forte e traballadora, xa non só polo seu posto de traballo, o cal ten moito mérito, senón por todo o que facía día a día para levar adiante o hospicio.

Pareceume un libro moi fácil de ler e, repito, moi entretido. O que máis me gustou do libro foron os personaxes e o desenvolvemento da historia.

Victoria Domínguez Marinho (3º ESO A)

 

Eu penso, que o libro, aínda que pareza moi extenso e longo, se che gusta o tema da historia ou che interesan as enfermidades, ou como vivían os nenos abandonados desa época, etc…. 

Esta narración pásache rápido e lelo antes de que te decates. En canto ao vocabulario……, poderíase dicir que ten algunha que outra dificultade por palabras que se usaban nesa época e agora non, pero tendo en conta iso, diría que todos o poderíamos ler e entender perfectamente. 

Tamén é verdade que hai algunhas partes do libro en que fala de cousas que despois non teñen que ver coa historia principal, nin inflúen no desenvolvemento da historia, na miña opinión algunhas desas partes poderíase eliminar e ir máis directo á historia principal. 

En canto aos personaxes que máis me gustaron foron Isabel (porque sempre se porta ben cos nenos do hospicio e preocupase por eles e polo seu futuro) e o doutor Posse (porque quere que a xente empece a aceptar que existe unha cura para a varíola, e tamén lle dá traballo a Ezequiel, o que ningún outro máis lle daría). 

Polo resto paréceme un libro excelente, recomendado para lelo e así de paso aprender algo de historia e cultura xeral. 

Simón Varela Baleato (3º ESO B)