Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



jueves, 29 de enero de 2015

Historias de New York



"La propuesta parte de que en el metro de Nueva York no hay conexión a internet. The Undergroud Library propone que los usuarios puedan descargar las diez primeras páginas de varios libros al su teléfono inteligente mediante el escaneo de un póster que estaría dentro de cada vagón del metro. Los datos se descargarían utilizando la tecnología NFC, tecnología que utiliza campos electromagnéticos para transferir datos entre dos dispositivos que están muy cerca el uno del otro. Muchos teléfonos inteligentes en el mercado hoy en día ya cuentan con esta tecnología incorporada (Google Wallet ya lo utiliza como sistema de pago). Una vez el usuario saliera del metro y reanudara su conexión a internet, el teléfono avisaría a la Biblioteca Pública de Nueva York más cercana, donde podría terminar de leer, alquilar, etc. el libro."

Aquí o artigo completo

miércoles, 28 de enero de 2015

Andel de Libros (XVIII): Miss Ourense, de Bieito Iglesias



A min persoalmente este libro non me gustou moito pero tampouco me desgustou de todo. As historias que conta en si gústanme bastante, pero despois a forma en que está contado fai que perda todo o seu interese, xa que se enguedella demasiado, e pérdeste moitas veces lendo.

A escena máis importante penso que foi cando se reconciliou con Tina, a súa muller, xa que despois de se pelexar, Sindo tiña que durmir fóra da casa, e a el iso facíaselle moi duro.

O tema é emocionante, porque relata os sucesos que ten que resolver un inspector, e todo o proceso que leva a cabo ata chegar á solución.

Algún cambio si que faría, como cambiar a forma en que está narrado, e facelo dunha maneira máis sinxela. Con respecto ó final, prefiro o do libro e non o que inventei eu, porque o meu paréceme bastante aburrido.

A lingua non foi especialmente fácil de entender, xa que había bastantes palabras que non entendía.

Jennifer López Becerra (4º ESO)

Andel de Libros (XVII): Os dous de sempre, de Castelao


Os dous de sempreCastelao. Galaxia

Para min Os dous de sempre é un libro bastante entretido de ler, pese a estar escrito en galego doutra época, mais aínda que hai algunhas palabras que me resultaron difíciles de comprender, moitas delas, lográbanse sacar polo contexto.

Desde o principio engancheime moitísimo ao libro, xa que, os capítulos non son moi longos e están ao final acompañados dun debuxo do autor.

A parte máis importante do libro, e ademais, a que máis me gustou foi cando Pedriño e Rañolas se atopan despois de tanto tempo.

Páreceronme moi divertidas a maioría das intervencións da sogra, aínda que ás veces Pedriño me daba un chisco de pena.

O que menos me gustou do libro foi cando a tía Ádega non quería que Pedriño andase con Rañolas polo simple feito de estar eivado.

Recomendaríalle este libro ás persoas que quixeran saber como eran a sociedade da época de Castelao

Noelia Casas García (4º ESO)

A min persoalmente gustoume moito este libro. Gustoume tanto como está estruturado, por capítulos curtos e un debuxo que ten que ver con algo do capítulo ao final, xa que isto fai máis entretida a lectura, como a historia dos dous personaxes principais.

Houbo varias escenas que me chamaron a atención á vez que me emocionou. Unha delas foi cando Rañolas lle axuda á señora na feira cando a outra señora lle tirara as cousas da cesta, e outra delas foi cando Pedriño e Rañolas se encontran despois de tantos anos sen verse.

A escena que menos me gustou foi cando a tía Ádega non lle permitía a Pedriño estar con Rañolas xa que este tiña un problema nunha perna.

Penso que é un libro fácil de ler , xa que é entretido e engancha pronto, por iso eu non lle faría ningún cambio.

Este libro eu recomendaríallo a calquera persoa xa que a todo o mundo lle gusta ter amigos e este libro represéntao moi ben.

Sandra Noya Redondo (4º ESO)

A min persoalmente este libro gustoume moito, tanto o relato en si, coma a forma en que está deseñado, xa que os capítulos son de cómo máximo tres páxinas, e antes deles hai un debuxo que ilustra o seu contido, e isto permite que a lectura sexa máis fácil, e á vez entretida.

A escena máis importante penso que foi cando Pedriño e Rañolas se reencontraron despois de tanto tempo, xa que é un momento moi emotivo.

O tema penso que é emocionante, xa que conta as aventuras de Pedriño e Rañolas, e non podes deixar de lelo, engancha dende a primeira páxina. Pero por outra banda penso que é triste, xa que amosa o mal que o tiveron que pasar os dous personaxes para gañar a vida.

Non faría ningún cambio, penso que todo está moi ben así

No referente á lingua, había algunhas palabras que non se entendían, pero en xeral foi bastante fácil de ler.

Este libro sen dúbida  recomendaríallo a toda a xente, aínda que non lle guste ler, xa que é moi entretido, e pasas un bo momento.

Jennifer López Becerra (4º ESO)

martes, 27 de enero de 2015

Especialistas de cine en acción: esceas arriscadas e espectaculares

Hoxe queremos presentarvos o Proxecto (programa/canal/páxina web...) CinElmotion. Se che gusta o cine, queres aprender a entendelo, analizalo, e/ou incluso facelo. Esta é a túa páxina.

"El segundo capítulo de cinELmotion está dedicado a conocer el trabajo de los especialistas de cine, responsables de realizar las escenas más arriesgadas y espectaculares de las películas de acción principalmente"



Cinelmotion 2 – European and Latinoamerican cinema in motion from EAVI on Vimeo.

domingo, 25 de enero de 2015

Planazo para 7 e 8 de Febreiro

Os obradoiros organizados pola AC Senunpeso no Laboratorio Audiovisual de Vedra (LAV), ao ladiño de Compostela,  pretenden poñer ao alcance de todos e todas a formación no sempre cambiante mundo do audiovisual e a tecnoloxía da comunicación. Os cursos son impartidos por grandes profesionais na súa área, con anos de experiencia facendo o seu traballo, e a formación é inminentemente práctica e intensiva.

O LAV é tamén unha oportunidade para poñerse en contacto con profesionais a través da intensidade da convivencia durante todo un fin de semana de traballo intensivo. De feito, de anteriores edicións do LAV teñen saído interesantes colaboracións entre alumnos e profesores.

Este ano a oferta formativa é de 11 obradoiros. Como todos os anos, o destinado ao alumnado de ESO, é gratuito. Videocreación con móbiles, interpretación, maquillaxe Fx, vídeo con reflex... Botádelle un ollo. Aquí.


sábado, 24 de enero de 2015

Nen@s lector@s

 
Visto en Facebook (Literatura + 1)
           

                       Estatua do Parque en King Street. Shippensburg, Pennsylvania (EEUU)

viernes, 23 de enero de 2015

Grandes poetas en 2º de ESO

A profesora de LCL propúxolle ao alumnado elaborar grupalmente unhas coplas, en lingua castelá. O tema era libre.

As coplas debían axustarse ao esquema métrico  correspondente:

Copla: catro versos de 8 sílabas, arte menor, rima asonante, – a – a

Ademais, deberían empregar algúns dos recursos literarios explicados na aula.

Velaquí os resultados:

A temática futbolística foi unha das escollidas polo grupo formado por Brais, Adrián, Alex e Marcos.

En la Liga Española                               
ni Elche ni Recreativo
le ganan al Barcelona, 
pero sí al Deportivo

E máis tarde, puxéronse cariñosos:

Digas tú, lo que sientes,
digas tú, mi amorcito,
dímelo tú, cuando quieras, 
dímelo tú, cariñito

Tamén Yago, David e Damián se decantaron polo tema deportivo:

Las gradas dicen sí o no,
el triunfo ya está aquí.
Listos para triunfar.
¡Lo vamos a conseguir!

                     
Olaya, Samuel V., Lucas, Nerea, Nerea e Fernando estiveron moi campestres e agrícolas:

                                              La ensiladora ensila,
                                              y con un tractor al lado
                                             enganchado a un remolque.
                                             No sabemos si ha acabado.



Samuel D., Martín, Antía, Laura e Irene amosaron a súa vea romántica. Amor e desamor, un eterno tópico no universo poético:




Te echo mucho de menos           
como el sol al invierno.
Te echo mucho de menos
como al bien en el infierno.




He visto como el agua
disfrazaba a las rocas.
He observado como tú
te divertías con otras.









Moi bo traballo, rapaces e rapazas. 

¡ Noraboa !   !!!A seguir cultivando esa vea poética !!!

miércoles, 21 de enero de 2015

Triste despedida en Viaño Pequeno


Hoxe despedimos con moita dor a Andrea 


Entre as súas palabras favoritas estaban paz e esperanza


Dicía que os adxectivos que mellor a definían eran positiva, caprichosa e alegre 


Imposible esquecerte







lunes, 19 de enero de 2015

O diario violeta de Carlota, de Gemma Lienas


O diario violeta de Carlota, de Gemma Lienas, Galaxia

Este libro gustoume moito, porque á parte de ser curto é bastante fácil de ler, reflicte unha realidade grande como é a desigualdade que existe entre mulleres e homes.

Eu creo –e paréceme xenial– que a súa protagonista trata este tema como se non quixese que en si existisen ‘’machismo’’ e ‘’feminismo’’, senón soamente a igualdade entre ambos os dous sexos.

O que máis me gustou desta historia foi esa complicidade que Carlota ten ca súa familia, especialmente coa súa avoa. Aínda que co seu irmán tamén; ‘’envéxoa’’ un pouco, porque eu non teño ningún irmán ou irmá co/coa que levarme así de ben.

Tamén me gustou que explicara tan ben todas as cousas que pasan no día a día que son machistas, sen usar palabras moi difíciles, conseguindo así que non se faga aburrido e que aprendas que esas situacións que posiblemente non considerabas machistas, realmente si que o son.

Algo que me pareceu moi interesante foi que tratase o tema dos apelidos (que nuns países cando dúas persoas se casan a muller teña que adquirir o apelido do home), pois é algo que nun principio eu nunca considerei que resultase unha cousa ‘’machista’’. Por iso tamén creo que O diario violeta de Carlota, nos fai reflexionar e darnos conta de cousas que parecen insignificantes se te paras a pensar son mostras de machismo.

O que menos me gustou deste libro foi cando lle regalaron a boneca ao curmán e que os pais do rapaz lla quitaran.

O vocabulario é fácil, se algunha palabra non a entendes facilmente se saca polo contexto no que se
atopa ou tamén no glosario que hai no final do libro.

Creo que todo o mundo debería ler este libro, porque ensina moitas cousas e permíteche abrir un pouco máis a mente.


Noelia Casas García (4º ESO)

jueves, 15 de enero de 2015

Cadriños: "Atrapado pola lectura"


Curioso estudio sobre os beneficios da lectura da saga de Harry Potter


Imaxe: articles.latimes.com



"El estudio, publicado en el Journal of applied social psychology, determina que en dos grupos distintos de alumnos en centros italianos, con los que se habían realizado jornadas intensivas de lectura del bestseller, se mostraban mucho más comprensivos y desprejuiciados para con la inmigración, la diferencia racial o la homosexualidad que otros niños o adolescentes de su edad. La identificación de los alumnos con el mago no era solo debida a su gran popularidad y protagonismo, sino también a sus bondades: él comprende a los seres diferentes, él se muestra benévolo y sensible incluso ante sus enemigos, él es capaz de amar a personajes que en un principio podrían resultar repulsivos, sólo porque no son humanos."

Aquí o artigo completo

martes, 13 de enero de 2015

El olor de la lluvia sobre la tierra seca y otras 28 cosas que no sabías que tenían nombre

"Hasta ahora, cada vez que te ponías a coser botones clavabas las agujas que no utilizabas en lo que tú llamabas “cojincico” o “la cosa esa de las agujas”. Gracias a esta lista, podrás usar el nombre correcto tanto de esta almohadilla (que es un acerico) como de otras 28 cosas imprescindibles para tu vida diaria o para tus partidas de Scrabble, como la espuma de la cerveza o ese maravilloso olor que deja la lluvia después de caer en un lugar seco. (...)





18. Lúnula. El espacio blanquecino semilunar de la raíz de las uñas.

19. Óbelo. Signo de división. El de multiplicar es una más común “aspa”.

20. Petricor. El olor de la lluvia en sitios secos."

Aquí o artigo completo

viernes, 9 de enero de 2015

Outro mundo é posible

Non podemos deixar de amosar a nosa dor polos feitos acontecidos en París estes días.  De todo o que temos visto polas redes sociais, gustounos especialmente esta campaña "Non no meu nome" que pretende facer visibles a quen, sendo musulmáns, rexeitan todo acto violento e terrorista.









Imaxes vistas en Facebook (The Post Internazionale)