Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



miércoles, 28 de enero de 2015

Andel de Libros (XVIII): Miss Ourense, de Bieito Iglesias



A min persoalmente este libro non me gustou moito pero tampouco me desgustou de todo. As historias que conta en si gústanme bastante, pero despois a forma en que está contado fai que perda todo o seu interese, xa que se enguedella demasiado, e pérdeste moitas veces lendo.

A escena máis importante penso que foi cando se reconciliou con Tina, a súa muller, xa que despois de se pelexar, Sindo tiña que durmir fóra da casa, e a el iso facíaselle moi duro.

O tema é emocionante, porque relata os sucesos que ten que resolver un inspector, e todo o proceso que leva a cabo ata chegar á solución.

Algún cambio si que faría, como cambiar a forma en que está narrado, e facelo dunha maneira máis sinxela. Con respecto ó final, prefiro o do libro e non o que inventei eu, porque o meu paréceme bastante aburrido.

A lingua non foi especialmente fácil de entender, xa que había bastantes palabras que non entendía.

Jennifer López Becerra (4º ESO)

No hay comentarios: