Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



luns, 19 de decembro de 2011

Conta de Libros (X): A Esmorga, Eduardo Blanco-Amor



A Esmorga, Eduardo Blanco-Amor, Galaxia.

Gustoume moito esta historia, aínda que o final non me gustou tanto, porque o xuíz tiña que crer a Cibrán.
Grazas a esta narración tamén descubrín unha palabra nova, xa que descoñecía o significado da palabra “esmorga”.
Os únicos cambios que lle faría a historia e que o xuíz non fose “mudo” e tamén cambiaría o final da novela.
Desta novela gustoume o personaxe de Cibrán xa que é un amigo solidario, está co Bocas e co Milhomes en todo momento; no bo é no malo. Aínda que despois teña cargos de conciencia porque debería de estar traballando e non estar por aí de esmorga con eles.

Uxía Vieites Abelenda (4º)

Conta de Libros (IX): Memorias dun neno labrego, Xosé Neira Vilas




Memorias dun neno labrego, Xosé Neira Vilas, Galaxia.

Persoalmente, penso que é un libro verdadeiramente fantástico. O seu autor soubo expresar moi ben os sentimentos dun rapaz rodeado de miseria, de traballo e baixo as ordes dun señor. Representa á perfección a situación de Galiza nos anos da posguerra (década dos corenta ou cincuenta), e fáinola entender a través dun neno pequeno. Ademais, é unha obra fácil de ler e comprender. En definitiva, é un gran libro! O momento máis importante do libro para min, é cando Balbino colle o “valor” de lanzarlle a pedra a Manolito, e mais cando escapa da casa despois da gran malleira de seu pai. Xa que a maioría dos nenos non teñen ese “valor” entre comiñas, porque non é precisamente valor, senón máis ben medo ou covardía.
En canto ao desenvolvemento, cambiaría dúas cousas: a primeira, que Lelo non marchase, ou senón, que Balbino marchara con el. E a segunda, que en ningún momento seu pai lle puxera a man enriba; iso paréceme unha das peores cousas desta historia.

Iria Vales Recouso (4º)


Opino que a valoración persoal sobre esta obra só pode ser totalmente positiva. Esta obra é espléndida, reflicte moi ben os tempos de antes, a situación social, económica, laboral… Está moi ben expresada e transmite moito.
Á parte de todo iso, estaobra serve para calquera tipo de lectores, é dicir, xa sexan nenos, adultos ou mesmo anciáns. É unha obra que amosa moi ben as características da narrativa de Xosé Neira Vilas, xa que, como en moitas das súas obras, fala dos temas da pobreza e da emigración.
É unha obra moi fácil de ler, posto que se entende moi ben case todo o vocabulario e todos os contextos e frases. Chega a ser tan entretida que te engaiola coa lectura, é dicir, incítate a seguir lendo. Ten momentos de tenrura, tristeza, alegría… xoga moito cos sentimentos emocionais, cousa que tamén gusta no lector. Cómpre dicir que por algo é a obra máis lida da narrativa en lingua galega.


Santiago López Suárez (4º)

Conta de Libros (VIII): Diario secreto de Adrian Mole, Sue Townsend



Diario secreto de Adrian Mole, Sue Townsend
(tradución de Manuel Carballo)
Col. “Fóra de Xogo”, Xerais

Gustoume este libro porque ten humor, faiche pensar nalgunhas cousas da vida, e que se tes que axudar na casa non é pra tanto como o foi parecer o libro. A min non me pareceu dificil o significado das palabras porque polo contexto sabes, máis ou menos, o significado da palabra.
Eu cambiaria o de que Adrian non está conforme co seu arrededor case nunca.
O momento que máis me gustou foi cando o médico lle puxo na cartilla: "adicto ó pegamento".
Natalia Iglesias Liñares (3º)

Moita actividade na fin do trimestre


Acumúlasenos o choio estes días:
as recensións das lecturas/recomendacións d@s compañeir@s non paran, interesante charla sobre a Malaria en Africa (http://africastopmalaria.org/), os exames, as notas...e aínda hai máis:



1. Premiad@s: rematou o concurso, anunciado aquí e comunicado a tod@s a través do blog, no q premiamos a aquel@s que máis comentan, con xeitiño, iso si, as entradas que imos colgando no blog. Este trimestre destacamos a Alba (3º ESO) e Noelia (1º ESO) como as máis comentadoras e colaboradoras. Tamén destacamos a Iria (4º ESO) pola calidade das súas opinións e comentarios. Pasade a buscar o voso agasallo pola biblioteca, se non volo facemos chegar entre hoxe e mañá. Interésanos moito moito escoitar a vosa voz neste blog. É por iso que dende xa está aberto o plazo para @s que máis e mellor comentan, a@s que agasallaremos ao remate do segundo trimestre. As evolucións dos comentarios aí á dereita na pantalla.

2. Charla lúdico/informativa: o Portugués simple. A nosa vantaxe competitiva como galegos e galegas é a lingua, que nos abre un mundo de posibilidades a nivel mundial (Ollo MUNDIAL!!). Para facernos caer máis na conta deste feito, desta fortuna da que disfrutamos como galego-falantes, mañá teremos unha actividade organizada polo Equipo de Biblioteca, coa colaboración do Equipo de Normalización Lingüística (@s que apoiaron económicamente a cuestión). Disfrutarémolo, xa veredes. Para máis información: http://agal-gz.org/blogues/index.php/ops/

3. Partidazo de fútbol: profesoras/alumnas. Tamén mañá, a segunda hora, terá lugar un feito histórico no CPI de Trazo. Chicas, tende piedade das profes, que somos novatas nisto do balompié, o deporte rei. Parece que as peticións de Verónica (3º ESO) foron escoitadas: http://blogs.prensaescuela.es/matematicasdiariasentr4az02/2011/11/09/liga-femenina-2/

Isto é un non-parar. Seguiremos informando!!
Enlace

Conta de Libros (VII): O centro do labirinto, Agustín Fernández Paz








Este libro gustoume bastante. Aínda que comezo era algo complicado de entender pero despois no nó do libro e desenlace lese moi lixeiro e suave.
Eu faríalle un cambio ao final, para saber así como acaba Sara co informe, se volve ou non a Galicia ou queda en Berlín, se Brenda e David seguen xuntos meses despois... etc
O libro foi intrigante, e cara ao final cando empezan a encaixar as cousas engánchate a lelo.
Empreguei bastante tempo en ler este libro , pero foi bastante fácil de ler.

Bertín López Ramas

Conta de Libros (VI): Eu e os meus colegas, Aidan Macfarlane e Ann McPherson






Eu e os meus colegas, Aidan Macfarlane e Ann McPherson (tradución de Montserrat Paz),

Col. “Fóra de Xogo”, Xerais


O libro gustoume, aínda que ó principio do libro non o entendía moi ben porque pensei que era unha persoa soa, pero a medida que ía lendo os capítulos deime conta de que en cada capítulo falaba un personaxe distinto.
O mellor momento do libro foi ó final porque conta o futuro que tomou cada personaxe.
Cambiaría a forma de contar a historia, gustaríame que se contase en 3ª pesoa porque creo que quedaría máis claro o tema dos personaxes.


Alejandro Bello Andreo (3º)