Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



lunes, 19 de diciembre de 2011

Conta de Libros (IX): Memorias dun neno labrego, Xosé Neira Vilas




Memorias dun neno labrego, Xosé Neira Vilas, Galaxia.

Persoalmente, penso que é un libro verdadeiramente fantástico. O seu autor soubo expresar moi ben os sentimentos dun rapaz rodeado de miseria, de traballo e baixo as ordes dun señor. Representa á perfección a situación de Galiza nos anos da posguerra (década dos corenta ou cincuenta), e fáinola entender a través dun neno pequeno. Ademais, é unha obra fácil de ler e comprender. En definitiva, é un gran libro! O momento máis importante do libro para min, é cando Balbino colle o “valor” de lanzarlle a pedra a Manolito, e mais cando escapa da casa despois da gran malleira de seu pai. Xa que a maioría dos nenos non teñen ese “valor” entre comiñas, porque non é precisamente valor, senón máis ben medo ou covardía.
En canto ao desenvolvemento, cambiaría dúas cousas: a primeira, que Lelo non marchase, ou senón, que Balbino marchara con el. E a segunda, que en ningún momento seu pai lle puxera a man enriba; iso paréceme unha das peores cousas desta historia.

Iria Vales Recouso (4º)


Opino que a valoración persoal sobre esta obra só pode ser totalmente positiva. Esta obra é espléndida, reflicte moi ben os tempos de antes, a situación social, económica, laboral… Está moi ben expresada e transmite moito.
Á parte de todo iso, estaobra serve para calquera tipo de lectores, é dicir, xa sexan nenos, adultos ou mesmo anciáns. É unha obra que amosa moi ben as características da narrativa de Xosé Neira Vilas, xa que, como en moitas das súas obras, fala dos temas da pobreza e da emigración.
É unha obra moi fácil de ler, posto que se entende moi ben case todo o vocabulario e todos os contextos e frases. Chega a ser tan entretida que te engaiola coa lectura, é dicir, incítate a seguir lendo. Ten momentos de tenrura, tristeza, alegría… xoga moito cos sentimentos emocionais, cousa que tamén gusta no lector. Cómpre dicir que por algo é a obra máis lida da narrativa en lingua galega.


Santiago López Suárez (4º)

1 comentario:

laura dijo...

encántame !!!
É moi bonito o que pon sobre a opinión deste libro eu tamen opino que e un libro realmente fantástico!!!