Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



mércores, 10 de decembro de 2008

O NENO DO PIXAMA A RAIAS


Estamos a piques de comenzar coa lectura do libro O NENO DO PIXAMA A RAIAS, de John Boyne.
Se queres coller o libro, lembra que tes que devolver O can dos Baskerville para que os teus compañeiros e compañeiras tamén podan leélo.
ANÍMATE CON ESTA NOVA AVENTURA!

PELÍCULA "O CAN DOS BASKERVILLE"


Como xa rematamos coa lectura do libro O can dos Baskerville, o vindeiro VENRES 12 veremos NA BIBLIOTECA a película do mesmo título.
Escollimos a mellor adapatación da novela: é a versión dirixida por Terence Fisher e protagonizada polos maxistrales actores Peter Cushing e Cristopher Lee.
Nos brumosos páramos ingleses vive un diabólico can, un sabueso infernal que se alimenta da carne dos heredeiros da mansión dos Baskerville. Pero antes de que esta besta remate co derradeiro descendente, terá que librar unha batalla contra o gran intelecto do máis poderoso inimigo co que se leva enfrentado en toda a súa demoníaca historia: o incomparable detective Sherlock Holmes.
Non a perdas. ESPERÁMOSTE NA BIBLIOTECA NO LECER DA TARDE!!