Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



luns, 7 de novembro de 2011

Gaña un libro coa biografía de Berrogüetto



A Editorial Galaxia vén de convocar un concurso de microrrelatos na rede para textos de tan só 11 palabras, como homenaxe ao grupo folk Berrogüetto.
Velaquí as bases da convocatoria:
O vindeiro venres 11 do 11 do 11 presentaremos na Cidade da Cultura de Galicia o libro, escrito por Fernando Neira, cun CD e un DVD en directo e un tema inédito e limiar de Manuel Rivas, 'Berrogüetto, o pulso da terra', a súa biografía oficial na que se repasan quince anos de carreira.Co gallo desta importantísima novidade editorial propoñemos, a partir do noso facebook e twitter, un concurso de microrrelatos no que todos e todas poden participar enviando un texto no que haberá que empregar, obrigatoriamente, once palabras, das cales tres deben ser BERROGÜETTO, PULSO e TERRA.Un exemplo: 'A terra quixo botarlle un pulso ao pentagrama: daquela, naceu Berrogüetto'.Dende hoxe mesmo convídase aos internautas a enviar as súas propostas, vía facebook (Falamos de libros) ou twitter (@edgalaxia). A que máis guste ao xurado, no que estarán membros do grupo e da editorial, recibirá como agasallo un exemplar do libro co CD e o DVD asinado polos sete membros do grupo e polo autor do libro.Anímate a escribir. Só son once palabras.O fallo darase a coñecer, como non podía ser doutro xeito andando polo medio os Berrogüetto e a importancia que sempre lle deron aos números, ese 11 do 11 do 11.
(Fontes: youtube para o video musical e blogue da Editorial Galaxia)