Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



xoves, 24 de novembro de 2022

Book tráiler (XXXIV): A esmorga, de Eduardo Blanco-Amor. Realizado por Alfredo Martínez Costa

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela A esmorga, de Eduardo Blanco-Amor (col. Biblioteca Blanco-Amor. Galaxia, 2014). Realización youtubeira: Alfredo Martínez Costa, 4º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (XXXIII): 22 segundos, de Eva Mejuto. Realizado por Nerea Sánchez Castro

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela 22 segundos, de Eva Mejuto (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2019). Realización youtubeira: Nerea Sánchez Castro, 3º ESO A, CPI Viaño Pequeno (Trazo) 


 

Andel de Libros (XVI): Marta ante o espello, de Teresa Calo Fontán

 


Marta ante o espello. Teresa Calo Fontán. Xerais

O libro trata dunha rapaza chamada Marta que sofre un trastorno alimenticio. Gustoume moito porque trata un tema moi importante que é a autoestima.

A obra pode ser unha arma de dobre fío, xa que por un lado está ben porque pode concienciar ás adolescentes e aos adolescentes de que non se poden obsesionar coa súa figura estética ata o punto de deixar de comer, porque pode levar a ter problemas moi graves de saúde ou incluso a morte. Pero por outro lado dá algúns trucos para aguantar a fame ou para baixar moito de peso, e iso baixo o meu punto de vista non estivo ben.

No libro aparecen varios personaxes. Marta, a nai de Marta e o pai de Marta, baixo o meu punto de vista foron os máis importantes. O personaxe que máis me gustou foi a nai de Marta, que creo que non se cita o seu nome na historia (tampouco o do pai). Gustoume a súa contribución na historia porque en todo momento apoiou a súa filla coa súa enfermidade. Un personaxe que non me gustou foi o pai de Marta, porque moitas veces facía sentir mal a Marta, con cousas como dicirlle que iso de non comer era un capricho, etc. E por último o personaxe de Marta ao principio non me gustou porque dicía que o de baixar de peso valera a pena e cousas así. Pero ao final gustoume porque entrou en razón con que non valera a pena. A miña personaxe preferida foi a nai de Marta polo anteriormente citado.

Samuel Grela Seoane (3º ESO B)