Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



venres, 25 de novembro de 2022

Andel de Libros (XVII): A dúbida, de María Reimóndez.

 


A dúbida. María Reimóndez. Xerais

Na miña opinión o momento máis importante do libro é cando Deli escoita a declaración de Ana e se dá conta de que non mente, e que o seu marido é culpable, xa que alí cambiou a súa maneira de pensar, deuse conta de que toda a súa vida fora unha mentira e empezou a facer o posible para que Vicente fóra ao cárcere.

A min este libro gustoume bastante, xa que me parece que fala dun tema moi interesante, e que sucede moito na realidade, como son as violacións. Ademais gústame moito a maneira na que está escrito, xa que está en capítulos pequenos que enganchan, e cando acabas un, queres ler outro, porque quedas coa intriga de que pasará no seguinte.

O final gustoume moito xa que Delí cambiou a súa maneira de pensar, saíu da burbulla na que vivía e deuse conta de como era a vida na realidade, e iso era o que eu quería que sucedera, xa que me “agobiaba” como pensaba no principio.

A linguaxe utilizada neste libro pareceume fácil de ler. Na miña opinión, eu non lle faría ningún cambio a este libro, e recoméndoo ler sen ningunha dúbida. 

Lucía Grela Seoane (4º ESO) 

A min este libro gustoume moito, xa que fala dun tema importante, onde ensinan unha realidade sobre este que está bastante agochada.
Ademais est
a novela tamén che ensina que aínda que as cousas se poñan moi difíciles, hai que loitar polo que desexas ter ou neste caso demostrar.
Os personaxes son moi interesantes e son reflexo dunha realidade que pasa día tras día. O personaxe que máis me gustou foi Deli, xa que aínda que o seu home fose o acusado, en vez de crelo, decidiu buscar a verdade. Aínda que esta non lle gustase e lle prexudicase. Ademais dela, tamén me gustou moito o personaxe de Lala, xa que creo que debería de haber máis persoas como ela.
Ao final eu faríalle algúns cambios, pero creo que é bastante axeitado e xa o esperas a medida que vas lendo o libro.
É un libro curto e cunha linguaxe moi fácil de comprender. Lese moi rápido xa que cando o empezas a ler, só queres saber o seu final e o que vai acontecer.

Julio Rodríguez Picallos (4º ESO)