A dúbida.
María Reimóndez. Xerais
Na miña opinión
o momento máis importante do libro é cando Deli escoita a declaración de Ana e
se dá conta de que non mente, e que o seu marido é culpable, xa que alí cambiou
a súa maneira de pensar, deuse conta de que toda a súa vida fora unha mentira e
empezou a facer o posible para que Vicente fóra ao cárcere.
A min este
libro gustoume bastante, xa que me parece que fala dun tema moi interesante, e
que sucede moito na realidade, como son as violacións. Ademais gústame moito a
maneira na que está escrito, xa que está en capítulos pequenos que enganchan, e
cando acabas un, queres ler outro, porque quedas coa intriga de que pasará no
seguinte.
O final
gustoume moito xa que Delí cambiou a súa maneira de pensar, saíu da burbulla na
que vivía e deuse conta de como era a vida na realidade, e iso era o que eu
quería que sucedera, xa que me “agobiaba” como pensaba no principio.
A linguaxe
utilizada neste libro pareceume fácil de ler. Na miña opinión, eu non lle faría
ningún cambio a este libro, e recoméndoo ler sen ningunha dúbida.
Lucía Grela Seoane (4º ESO)
A
min este libro gustoume moito, xa que fala dun tema importante,
onde ensinan unha realidade sobre este que está bastante
agochada.
Ademais esta
novela
tamén che ensina que aínda que as cousas se poñan moi difíciles,
hai que loitar polo que desexas ter ou neste caso demostrar.
Os
personaxes son moi interesantes e son reflexo dunha realidade que
pasa día tras día. O personaxe que máis me gustou foi Deli, xa que
aínda que o seu home fose o acusado, en vez de crelo, decidiu buscar
a verdade. Aínda que esta non lle gustase e lle prexudicase. Ademais
dela, tamén me gustou moito o personaxe de Lala, xa que creo que
debería de haber máis persoas como ela.
Ao final eu faríalle
algúns cambios, pero creo que é bastante axeitado e xa o esperas a
medida que vas lendo o libro.
É un libro curto e cunha linguaxe
moi fácil de comprender. Lese moi rápido xa que cando o empezas a
ler, só queres saber o seu final e o que vai acontecer.
Julio Rodríguez Picallos (4º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario