Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



Amosando publicacións coa etiqueta grazas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta grazas. Amosar todas as publicacións

mércores, 29 de xaneiro de 2014

Carta dun alumno agradecido

Albert Camus, premio Nobel de literatura en 1957, relacionado coa nosa terra por causa dunha muller (pincha aquí para saber máis) foi un alumno agradecido. 

Esta é a carta que enviou ao seu mestre de Primaria tras recibir os honores do premio máis afamado.



Visto en Facebook (Literatura + 1)

xoves, 9 de xuño de 2011

Vémonos o luns no recreo!!

Máis do 50% do alumnado da ESO participa nos clubs de lectura!!

Nin nas nosas mellores previsións de inicio de curso estimabamos que a biblioteca estaría a tope de ganas de falar sobre o que sentimos, pensamos, bromeamos e rimos cos libros. É por iso que só podemos darvos as GRAZAS pola vosa participación e colaboración. Para @s prof@s é un gustazo poder compartir convosco un rato fóra da aula, un rato roubado ao voso tempo de recreo, que ben sabemos canto vos custa renunciar a el. De novo, GRAZAS.

Por todo iso, o luns 13 de Xullo contarémosvos algunha cousiña que fomos discurrindo @s que organizamos os clubs de lectura para pechar este curso. Na biblioteca, por suposto.

E o curso que ven MÁIS e MELLOR, ou qué?

Comentarios, propostas, queixas, declaracións, parabéns....aquí abaixo, en comentarios. Fainos as túas suxerencias para o vindeiro curso.