Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 24 de marzo de 2015

Unha entrevista a Rocío Leira Castro, a autora de Universo Pitágoras

(Foto tirada do xornal La Voz de Galicia)
Reproducimos deseguida unha entrevista a Rocío Leira Castro, a autora de UniversoPitágoras, que estará co Clube de Lectura o próximo venres. Publicouse no dixital Fervenzas Literarias, a quen agradecemos a licenza para a súa lectura.


É doado ver o nome de Rocío Leira a carón de moitos dos premios literarios do país, tanto en narrativa como en poesía. Velaí temos o Ánxel Fole de narración curta, o Vila de Negreira ou o Díaz Jácome de Poesía, entre un longo etcétera. Sen embargo, para a súa primeira publicación en solitario aposta por un libro infantoxuvenil.



É certo que ata o de agora todo o que levaba escrito era literatura para adultos e, ata este libro, non tratara con anterioridade a literatura infantil. Eu era das que pensaba que era unha literatura doada de facer, sinxela, que non tiña moitas complicacións… ata que escribín Universo Pitágoras. Os nenos son uns lectores moi esixentes e no momento no que tes que enfrontarte a un libro destas características e para este público, decátaste de que é unha tarefa dunha gran complexidade.


Vostede procede do mundo das matemáticas, una ciencia que estará como trasfondo da aventura que vive Xiana, a nena protagonista de Universo Pitágoras. Teño para min que estamos ante un libro para achegar a literatura a rapaces amantes das matemáticas pero que tamén é un libro para levar as matemáticas a rapaces amantes da literatura.



Eu creo que Universo Pitágoras está pensado un pouquiño máis para eses rapaces que non gustan das matemáticas. O libro pretende ofrecer unha visión máis amena desta materia, considerada polo xeral como fría, complicada e complexa por algúns rapaces. Con Universo Pitágoras o que se quere mostrar é que as matemáticas non teñen por que ser tan ariscas como algúns imaxinan. O libro está formulado de modo que conxugue un pouco de aventura, un pouco de fantasía e por suposto unha compoñente didáctica das matemáticas. Ao longo dos capítulos do libro irán aparecendo os números primos, os números binarios; e como o libro está pensado como un xogo, están as adiviñas matemáticas que hai que ir resolvendo. Creo que en conxunto pode axudar a que os nenos e as nenas cambien a perspectiva que teñen das matemáticas.


Aprendizaxe, xogo, humor, lectura. Foi doado para vostede conxugar todos estes elementos enUniverso Pitágoras?

A parte máis didáctica do libro foi a máis doada por mor do meu traballo, xa que estou en contacto diario co mundo das matemáticas. Por outra banda, levo escribindo dende hai moitos anos, non para un público infantil, pero si para adultos.


O que si houbo neste libro foi un chisquiño de maxia para amalgamalo todo; logo o lector dirá como quedou a mestura, pero creo que é unha proposta moi completa. Completa e novidosa, no senso de que as matemáticas e a lóxica non foron moi tratadas no eido da literatura galega. Dende esa perspectiva este libro pode resultar orixinal.


Os números capicúas, os paradoxos, as adiviñas … Son elementos que irán aparecendo no transcurso da lectura. Hoxe en día, cando parece que se educa aos nenos para que deixen de ser nenos e se convertan en adultos. Apréndese máis xogando que estudando?.



As nocións matemáticas que aparecen neste libro son moi light, pero coido que son conceptos que cando os presentas dunha forma amena, como se fose un xogo, mediante unha aventura ou unha proba, onde os acontecementos que xorden no proceso de lectura non deixan de ser desafíos para os propios rapaces, creo que dese xeito as matemáticas poden asimilarse mellor e velas dende outra perspectiva. Unha parte da finalidade deste libro é demostrar que se pode ensinar as matemáticas dende outro punto de vista.


Cal é a importancia deste tipo de libros para esa posterior aprendizaxe, máis académica, que recibirán na escola?

Eu destacaría a parte do xogo e da lóxica. Non hai que esquecer que as matemáticas -ao igual que a literatura- son abstracción. Permítenche acceder a mundos que non ves na realidade. Este libro vaite permitir imaxinar mundos novos, mundos numéricos, que poden axudar a desenvolver a lóxica do rapaz. Se dende pequeno vas potenciando a súa imaxinación, pero tamén a reflexión, serviralle logo de apoio nunha escola onde a educación é máis estrita e autómata, onde parece que o importante é inculcar conceptos en lugar de que estes sexan asimilados polo neno.


As matemáticas son parte do desenvolvemento cultural da humanidade. Onde cre vostede que falla o aprendizaxe das matemáticas?

Como comentei na pregunta anterior, as matemáticas esixen unha grande capacidade de abstracción. Onde falla? Seguramente en parte sexa culpa nosa, dos docentes, de non saber inculcar nos rapaces a importancia das matemáticas e mostralas, ademais, dende o punto de vista que os alumnos precisan. Creo que ese problema latexa dende os primeiros niveis educativos e vaise arrastrando ao longo dos cursos. Na miña opinión deberíamos partir dende ese punto, dende a necesidade de transmitir aos rapaces a importancia das matemáticas, incluso antes de inculcarlles conceptos algún.


Logo está que as matemáticas esixen moita concentración. Deben asimilarse a modo. Sen embargo, os centros educativos marcan un programa que hai que cumprir e polo normal non se convida á reflexión. Ao final creo que é un cúmulo de cousas.


Matemática e escritora. Fuxindo da artificiosa dicotomía entre ciencias e letras, en que sentido se retroalimenta no seu caso a unha da outra?

Para min están en planos diferentes. As matemáticas apaixónanme e por sorte son o meu modo de vida. A literatura é a miña válvula de escape dende hai moitos anos. Creo que son moi parecidas no senso de que as dúas xorden dunha reflexión: No caso das matemáticas para observar os aspectos físicos que nos rodean e poder representalo mediante teoremas; e no caso da literatura o escritor ten que reflexionar sobre o que ocorre ao seu redor, mirar o mundo con ollos críticos, para logo poder plasmalo na súa obra.


Ao longo da historia houbo moitos escritores que se dedicaron á escritura. Un dos máis coñecidos seguramente sexa Lewis Carroll, o autor de Alicia no País das Marabillas, ou o poeta Nicanor Parra. Pero tamén dáse o caso contrario, onde autores como Borges empregaron nas súas obras moitos conceptos matemáticos. Hai unha conexión entre as dúas disciplinas e, como vemos, tiveron unha relación moi interesante.


Contou vostede para este libro coas ilustracións dun dos ilustradores máis recoñecidos do país. Como foi traballar con Xosé Tomás?


Xosé Tomás fixo un traballo excelente en Universo Pitágoras. Non foi un traballo man a man pero captou á perfección a esencia do libro. Non tivera anteriormente a oportunidade de traballar con el pero si tiña sona de ser un dos mellores ilustradores. Foi sensacional, cada vez que recibía unha nova ilustración sentía que encaixaba totalmente no que eu pensaba.

Andel de Libros (XXIV): O xabaril branco, de Tucho Calvo


O xabaril branco, Tucho Calvo, Ir Indo / La Voz de Galicia.

Pareceume un libro entretido e que engancha rapidamente, xa que en todas as ocasións queres saber que é o que lle sucede a Fito, o protagonista, e tamén o que lle sucede a Xela.

Hai momentos nos que aparece o xabaril branco que non entendo moi ben o que sucede con el, pero aínda así puiden gozar da lectura.

Gustoume moitísimo o momento en que Fito descobre porque os Indios secuestran as mulleres e aos nenos, xa que a culpa é toda dos brancos, porque eles secuestraban as mulleres Indias e aos nenos e abusaban deles.

Tamén me gustou cando Fito se achegou a Xela por primeira vez. Isto aconteceu no barco, cando a nai de Xela está moi enferma e a rapariga estaba triste. Fito e Xela estiveron un tempo os dous xuntos sentados diante do camarote da nai dela.

Ten un vocabulario fácil de entender, cunhas ilustracións sobre algo que acontece no capítulo, que me facilitaron moito a comprensión á hora de imaxinarme a escena.

Sandra Noya Redondo (4º ESO)

jueves, 19 de marzo de 2015

Andel de Libros (XXIII): Cousas, de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao



A min este libro gustoume moito xa que trata sobre varios temas como o amor, a vellez, o medo… Tamén me gustou moito xa que a min personalmente os libros de Castelao me gustan moito. Os contos son pequenos e fáciles de ler xa que son de dúas páxinas cada un.

O relato que máis me gustou foi o de “Dous vellos que tamen tiveron mocedade”, xa que cando morre un dos doús vellos a muller deste despídese del cun simple ata logo, sen dicir nada máis.

Neste libro non faria ningún cambio en ningún dos relatos xa penso que son axeitados.

A lingua é fácil de entender xa que usan palabras comúns.

Eu recomendaríalle este libro ás persoas que lle guste ler sobre diversos tipos de temas, xa que este libro ten temas variados, e algúns contos son divertidos e outros son tristes pero son moi interesantes.

Sonia Pumar Muíño (4º ESO)

No Día do Pai

Facebook (Meollo Criollo)

lunes, 16 de marzo de 2015

Andel de Libros (XXII): Silencio, de Fran Alonso



A min personalmente gustoume moito este libro, foi un dos libros que lin que máis me gustou. Unha das razóns polas que me gustou este libro foi porque é moi intrigante, e ata a última páxina do libro non se desvela nada. 

Recoméndolle este libro á xente que lle guste ler libros de intriga e de misterio, incluso libros de medo. O final está bastante ben aínda que é un pouco triste e catastrófico, pero a min gustoume e non llo cambiaría. 

Os personaxes que máis me gustaron deste libro foron os rapaces cos que se ía encontrando o protagonista no seu edificio, gústanme porque son os que lle dan emoción ao libro e axúdanlle ó protagonista a ir descubrindo máis cousas do veciño que facía cousas tan raras e ruidos a altas horas da noite. 

É un libro bastante fácil de ler, porque ten poucas páxinas e o vocabulario enténdese ben, aínda que hai algunas palabras algo raras pero polo contexo pódense sacar con facilidade.

Adrián Landeira Pose (3ºESO)

domingo, 15 de marzo de 2015

En busca dos sons das linguas perdidas

Imaxe: listas.20minutos.es
Escoitamos en películas como El Señor de los Anillos linguas fantásticas coma o élfico. Soa realmente suxerente. 

Outras linguas reais que existiron hai centos de anos parecen tamén idiomas doutros mundos cando  as escoitamos. 

Aquí podes escoitar algunhas delas

sábado, 14 de marzo de 2015

A importancia da COHERENCIA e a COHESIÓN na linguaxe



Visto en Facebook (Ostras, que perlas)

"La coherencia se refiere a las relaciones de contenido que tienen las ideas, es una cualidad semántica existente al interior del discurso, que busca que el texto presente una estructura o un sentido lógico"

(Definición de www.escolares.net)

"La cohesión es una propiedad del texto que consiste en que todos sus elementos están relacionados por mecanismos que favorecen la trabazón lógica entre ellos. La cohesión es el reflejo lingüístico de la coherencia"

(Definición de www.librosvivos.net)


Para quen queira saber máis sobre isto da Coherencia e Cohesión lingüística, aquí vos deixamos un enlace a unha presentación sobre o tema 

viernes, 13 de marzo de 2015

Andel de Libros (XXI): O país adormentado, de Xabier P. DoCampo



O país adormentado, Xabier P. DoCampo, Xerais

A min non me gustou nada este libro a pesar de que o autor gañara varios premios con el. Paréceme un libro moi aburrido, porque as historias, os contos, e as accións pasan demasiado lentamente. 

O principio do libro non o entendín moi ben, seguramente pola forma na que se narran as accións no libro. 

Na miña opinión a historia que se conta está moi mal desenvolvida porque están nun lugar e de súpeto entran noutro que é totalmente diferente. 

Para min, a mellor parte foi cando Aurora coñece a Pansel xa que ese momento si que está ben explicado e é a axuda que necesitaban Aurora e os seus compañeiros para conseguir o imposible. 

O libro mellora ao final porque as historias ocorren máis rápido e iso é o que che anima a seguir lendo, porque se son lentas abúrreste e xa non queres ler máis. Por esta razón, eu non llo recomendaría a ninguén.

Xosé Barreiro Hernández (3º ESO)

Andel de Libros (XX): Exogamia 0.3, de Ramón Caride



Este libro pareceume moi interesante porque o autor escribe 6 relatos nos que reflicte cousas que están pasando no noso mundo e nós non nos damos de conta.

Un mundo onde a xente é racista, só importa o diñeiro, hai moitos enganos, xente egoísta que namais pensa en si mesma.

1. "Reciclado": Moi interesante pero un pouco curto.

2. "Natural": Foi o relatoo que menos me gustou porque é demasiado aburrido.

3. "Mnemotécnica": Gustoume moito porque fala do deporte.

4. "Heteroxénico": Un pouco aburrido ao principio pero despois xa me gustou máis.

5. "Observador": Gustoume porque trata sobre mutacións e gústanme os libros que tratan sobre ese tema.

6. "Aleatorio": Pareceume moi aburrido.

O libro tamén foi moi fácil de ler e comprender e ten moitas ensinanzas, pero pareceume un pouco breve. Recomendaríalle este libro a todas as persoas para que se desen de conta do que está ocorrendo no mundo.

Manuel Vázquez Noya (3º ESO)

Andel de Libros (XIX): Chámabase Luís, de Marina Mayoral



O libro que lin é Chámabase Luís, a min persoalmente gustoume moito porque o tema do que fala son as drogas, e gustoume como a autora fala sobre Luís e a súa familia e os problemas que teñen.

Este libro ademais é moi interesante porque ten algún misterio e algunha intriga no momento en que lle rouban a moto ou cando falan os seus fillos que non te esperas que vaian falar e non sabes o que van dicir.

A min un personaxe que me gustou foi a nai de Luís porque matábase a traballar para darlle de todo e non se enfadaba con el, pois era moi comprensiva. Non me gustou que os irmáns de Luís non quixeran saber nada del porque fora drogadicto, pois tamén é persoa. 

Para min o momento máis interesante foi o final cando falaban os seus fillos porque falaban de seu pai e deles cando eran pequenos e ademais agora de maiores.

José Luís Mirás Otero (3º ESO)

lunes, 9 de marzo de 2015

Exercicios poéticos en 1º de ESO (terceira parte)

Derradeira mostra do traballo poético dos cativos de Secundaria.




O exercicio consistía en reproducir este modelo de cuarteta, libremente:

De las frutas, la manzana, 
de las aves, la perdiz,
de las colores, la grana,
de las damas, Beatriz.


Eloy tomouse ao pé da letra o de "libremente". Está feito todo un poeta rural:


De las vacas, las lecheras.                             
De ellas, también los cuernos.
De las vacas, las marelas.
De ellas también los quesos.


Óscar non perdeu a ocasión de expresar canto quere a súa nai:

De las frutas, el melón,
de los reptiles, el caimán,
de las colores, el marrón,
de las damas, mi mamá




Nerea debe de estar a darnos pistas sobre algo que non acabamos de pillar:


De los guapos, el malvado,
de los feos, el más tonto,
de los bonitos, caballo,
de los fuertes, el muerto.



Tampouco pillamos quen é a dama chamada Cruz á que Jonathan fai referencia no seu poema:

De las frutas, la banana,
de las aves, el avestruz,
de las colores, el naranja,
de las damas, claro está, Cruz



Jennifer decidiu cambiarlle a rima á cuarteta:

De las frutas, la ciruela,
"Bubela" sería abubilla en castelán.
Respetamos o orixinal de Jennifer, co nome en galego.
de las aves, la "bubela",
de las colores, el rosa,
de las damas, Carlota.

domingo, 8 de marzo de 2015

Día Internacional da Muller

O voso silencio ante situacións/conversacións/risas que alimentan a inxustiza e a desigualdade entre o home e a muller, faivos cómplices



Visto en Facebook (Miguel Ángel Caballero)

sábado, 7 de marzo de 2015

Divergente de Verónica Roth

Por Noelia Casas García de 4º de ESO



Me gusta la portada, tiene el símbolo de la facción de Osadía. Creo que la autora lo puso porque es lo que Tris eligió, dejar de ser miembro de Abnegación para convertirse en osada.



Beatrice Prior es una chica que vive en Chicago, pero no el que ''conocemos'', un Chicago distópico. 

La sociedad está dividida en cinco facciones, las cuales tienen cada una su virtud:

Verdad: En ella, se encuentran los que siempre dicen la verdad por encima de todo.
Erudición: En esta fracción se encuentran los más inteligentes.
Osadía: A esta fracción, irá la protagonista del libro, Tris. En ella se encuentran los más valientes.
Cordialidad: Ellos son los tranquilos, los pacíficos.
Abnegación: Ahí están los altruistas. 
Para entrar en una de estas facciones, a los dieciseis años tienen que pasar una prueba que te designa una facción, luego otra. (Si no pasan esta segunda prueba, se quedan sin fracción) 
A Beatrice según la primera prueba le correspondían dos facciones: Abnegación, -donde estaba toda su familia- u Osadía, que era la que realmente le gustaba. Como le tocaron dos facciones y eso no era normal, le explicaron que era ''Divergente''.
El día que decidían a qué facción iría, estaba muy nerviosa. Pero al ver que su hermano Cale eligió Erudición, se quedó sorprendida, y fue, aunque no muy decidida, para escoger Abnegación, para no dejar a sus padres solos. Pero no. Al final escogió Osadía.
Los osados pasaban duras pruebas físicas, en ellas conoció a Cuatro, del que se enamoró.
Finalmente se produce una batalla con Erudición.

identi.li


 Me gustó muchísimo este libro, aunque al principio se me hizo muy aburrido, a medida que iba leyendo se me iba haciendo más y más interesante. Este fue el libro que más me gustó, Insurgente, el siguiente, es más aburrido y Leal estaba bien, pero creo que este es mejor.

Las sensaciones que me produjo fueron muchas. Para empezar me transmitió bastante aburrimiento, pues para mí se parecía mucho al libro de 'Los juegos del hambre y creía que sería algo así como una copia de él. Después me fui dando cuenta de que no, que era diferente, y me produjo angustia, porque Tris tenía que pasar un montón de pruebas físicas que eran realmente duras; esta sensación de angustia continuó durante otras partes de la lectura.También me hizo sentir felicidad, cuando la madre de Tris vino a visitarla, pero en ese momento me transmitió un poco de pena, por lo que le contó de que a su hermano nadie podía ir a visitarle. También me hizo sentir tristeza, por los que no conseguían pasar las pruebas y se quedaban sin fracción.

Mis dos citas favoritas:

La primera refleja la tristeza que había sentido cuando la gente se quedaba sin facción (los abandonados):

''Abnegación y Osadía están rotas, sus miembros se han dispersado. Ahora somos igual que los abandonados. No sé cómo será la vida separada de una facción, es como si estuviera desconectada, como una hoja arrancada del árbol que le da sustento. Somos hijos de la pérdida; hemos dejado todo atrás. No tengo hogar, ni camino, ni certeza. Ya no soy Tris, la egoísta, ni tampoco Tris, la valiente.
Supongo que ahora no basta con ser una o la otra''

Y la segunda, una de Tobías y ella, que me hizo mucha gracia:

''—A la mayoría de los chicos les gustaría quedarse atrapados en un sitio estrecho con una chica, ¿sabes? —comento, poniendo los ojos en blanco.
—¡No a los claustrofóbicos, Tris! —exclama; empieza a sonar desesperado.''


viernes, 6 de marzo de 2015

A piques de conmemorar o Día da Muller...



"El machismo y el sexismo, hijos predilectos de la ignorancia, están en el viento. En el estadio Benito Villamarín se escucharon hace solo unos días, durante un partido del Betis, una serie de cánticos en defensa de un jugador de este equipo, Rubén Castro, acusado de maltratar a su ex pareja (...)



Un puñado de energúmenos es capaz de abochornar a todo un país. El grupo se apodera del individuo, pensarán algunos, y le convierte en una bestia. La culpa es de la masa, pero no siempre:el pasado martes se entregó en una comisaría de Talavera de la Reina el joven de 24 años que, unos días antes, había agredido de manera salvaje a una mujer en la avenida Diagonal de Barcelona. El talaverano pateó por detrás, con enorme violencia y mientras sus amigos grababan la agresión en vídeo (...), el tobillo de una chica, que cayó estrepitosamente al suelo. “Había bebido. Ha hecho una tontería como usted podía haber hecho, como cualquiera que se tome dos copas de más”, dijo el padre del energúmeno en un intento por justificar su vandalismo."

Aquí o artigo completo

miércoles, 4 de marzo de 2015

Mandatos

"Somos en gran parte, lo que nos piden que seamos. Lo que nos obligan. Lo que nos dejan ser. 
Una frase dicha al pasar. Un piropo fuera de lugar. Un consejo que dictamina. Una lección. Los mandatos se van construyendo a lo largo de nuestras vidas, y nos van construyendo como personas, nos marcan. Nos dicen lo que se puede y lo que no. Nos determinan. Nos pesan. Y aprendemos a vivir según esos mandatos. 

Hasta que los ponemos en discusión.

Estas imágenes y frases fueron tomadas en el 3º Congreso de Género y Sociedad “Voces, cuerpos y derechos en disputa”. Nos cuentan qué les dijeron que los marcó. Gracias a los y las retratadas por abrirse y participar."

(Creative Commons License, Atribución no comercial CC BY-NC 3.0)














martes, 3 de marzo de 2015

We are the champions !!!

Alumnado e profesorado do CPI Viaño Pequeno forma parte do Proxecto gañador do Premio Europeo E-twinning na categoría de 16 a 19 años.Os proxectos Etwinning consisten nun traballo colectivo de alumnado e profesorado con outros institutos/socios europeos. Por aquí podedes curiosear os proxectos gañadores, o noso incluido : enlace



Estamos moi, moi, moi felices !!!!

E agora a prepararnos para viaxar a Bruselas a recoller o premio !!!

Noraboa ao alumnado de 4º deste curso e ao de 4º do curso anterior e grazas polo voso magnífico traballo !!!