Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



luns, 8 de xuño de 2015

Andel de Libros (XXXVI): Trece anos de Branca, de Agustín Fernández Paz



Este libro foi un dos que máis me gustou porque ten un vocabulario moi fácil, deste modo é moi fácil ler.

Tamén faiche entender o importante dos verdadeiros amigos, xa que Branca estaba enferma na cama e non podía ir á escola, pero Raquel unha verdadeira amiga ía visitala todos os días a contarlle o que pasara no colexio. Eu non eliminaría ningún personaxe.

O momento que máis me gustou foi cando a nai de Branca lle prohibiu a Branca andar con Lois (cun amigo de Branca), porque a nai de Branca escoitara no colexio que era unha mala influencia, pero Branca quería andar con Lois . Ata que un día no colexio a mestra mandoulle facer un traballo por grupos, e con tan mala sorte para a nai de Branca tocoulle a Branca e a Lois no mesmo grupo, e deste modo seguironse vendo.


Recoméndollo a todos os meus amigos, porque este libro é divertido xa que vai de menos da nosa idade.

Sergio Arias García (3º ESO)

Andel de Libros (XXXV): Intercambio cun inglés, de Christine Nöstlinger



Este libro gustoume moito porque pareceume moi fácil de ler, non ten apartados nos que a
lectura sexa difícil de entender. Tamén ten algunhas escenas moi graciosas como cando veu
Jasper e outras que non o foron tanto como no final do libro, que é un pouco máis sensible,
no que se ve o gran corazón que ten Jasper. 

O libro gustoume pero non lle vexo moitosentido, xa que non creo que moitos pais só por que o seu fillo saque un ben en inglés queiran que o seu fillo vaia a Inglaterra con outra familia, aínda que finalmente ven un rapaz de alá, non vai el. 

A parte do libro que máis me gustou foi o final, porque non me esperaba que Jasper cambiara tanto e a parte que menos me gustou foi ao comezo do libro porque se me fixo moi aburrido.

Recomendaríalle este libro aos adolescentes porque a autora escribiuno para xente de esa idade.

Manuel Vázquez Noya (3º ESO)

Andel de Libros (XXXIV): Reo, de Xesús Fraga



A min o libro gustoume bastante en xeral, porque é moi entretido e porque cada capítulo que les déixache algo novo para o seguinte capitulo, que te obriga a ler as seguintes páxinas.

O momento que máis me gustou do libro foi cando pillaron a Virus, porque eu quería dende o principio que fose Reo o rei da cidade, porque era o meu personaxe favorito.

Pero sen dúbida, o momento que máis me impactou e o que me pareceu o máis importante da historia, foi cando Cora lle dixo a Reo que ela tiña que marchar da cidade porque súa nai non tiña traballo aquí, por sorte Reo tivo a idea de levala a capital a onde a súa irmá, e así ela podería estudar moda en España como ela quería.

O que a min non me gustou foi o final, iso de non saber quen era Oni, e o motivo de porque lle quería arrebatar o posto de rei da cidade. Eu pensaba que Reo despois de que o collese a policía, ía seguir a facer grafitis pola cidade, e non deixar de facelos como aconteceu.

Adrián González Lage (3º ESO)

Este libro gustoume moito porque vai  sobre rapaces aos que lle gustan os graffittis , e a min gústanme os graffittis.

Na miña opinión o final do libro é o adecuado para a historia porque hai unha traxedia, xa que morre Changui (un rapaz) ao final do elato, e a min gústanme os libros con final de traxedia.

Non eliminaría ningún personaxe porque sinón a historia non sería tan emocionante coma se están todos os personaxes.

Para min foi un dos libros que máis me gustou, aínda que sexa é algo longo, pero lese rápidiño e se empezas a ler non podes parar porque é moi interesante.

É fácil de ler xa que o vocabulario é moi sinxelo.Recoméndollo a toda as persoas, xa que vale para todas as idades.

Sergio Arias García (3º ESO)