Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



luns, 14 de xaneiro de 2013

En latín e/ou grego véndese máis...


"...ocorre coas marcas dos coches: Vel Satis, Modus, Clío, Signum, Focus, Transit, Phaetón, Auris, Prius, Micra, Ypsilon, Fabia, Octavia...
Esta elección de nomes por parte das multinacionais do automóvil amosa como o fenómeno é universal, non só español.
¡Ata en productos con tan pouco brillo social coma os xabóns para fregar pratos atopamos un "Quantum" e unha variedade "Supra plus"!"

(Aquí o artigo completo)

Andel de Libros (XXIV): Unha presa de terra, de Marilar Aleixandre





A min este libro gustoume moito, xa que é una historia que engancha ademais de facerche deducir cousas erróneas que logo pouco teñen que ver co desenlace final. A historia podería ser perfectamente real xa que os personaxes están moi ben elaborados e ambientados no seu tempo. Os capítulos ao ser tan curtos tamén animan a seguir lendo, e as ilustracións crean una idea xeral da historia. 

Aínda que eu teño o libro que publicou La Voz de Galicia e non é o orixinal, quedei moi contenta co formato do libro, é pequeno, a lectura non se fai pesada, o vocabulario é fácil e aínda que pareza absurdo ata o tacto das follas é agradable. Polo tanto en resume gustoume este libro porque a autora sabe captar ben as necesidades do lector.  

Verónica Barreiro Calviño (4º ESO)



Para min o momento máis importante foi cando o home descobre a gravadora. Nese momento sentín una tensión moi grande, pensei que xa a ía matar sen máis. Outro momento tamén importante para min foi cando encontraron o cadáver, porque daquela aínda non sabía de que trataba o libro e chamoume a atención, non me esperaba un libro de misterio con ese título.

Algún cambio que lle faría o libro sería poñerlle máis personaxes, que foran entrando ao longo da historia, pouco a pouco; para crear misterio e desconcerto.
Foi un libro fácil de ler, e mais, enganchoume tanto a partir do capitulo cinco, que o lin en só dous días, gustoume moito porque non ten palabras raras e difíciles de saber, polo contexto atópase algunha que outra, pero sempre as vai haber. Para min un dos mellores libros que lin de galego, e o que máis me enganchou, non me arrepinto de escollelo para facer o traballo.
 

Martín Calviño Vicente (4º ESO)



A min o libro gustoume aínda que no primeiro momento cando o collín pensei que era de amor pola portada, pero ao ir lendo deime de conta de que non era así. Nos relatos hai un pouco de todo amor, contos de bares, “medo”…
En xeral gustoume o libro aínda que hai relatos que non me gustaron ou non os entendín cando cheguei ao final por exemplo. En “Só por aí”  ou en “A luz do Yoko”… Iso está claro porque non sempre che vai a gustar e a desgustar todo.
Uns dos relatos que máis me gustaron foron “A lingua das bolboretas” e “A leiteira de Vermeer”. Unha das razóns porque me gustara “A lingua das bolboretas” é porque xa sabía de que trataba porque hai unha película e xa tiña vista. E o de “A leiteira de Vermeer” é simplemente pola coincidencia que hai na fotografía daquela moza e o cadro da leiteira.
 

Lucía Andrade Castro (4º ESO)