Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



miércoles, 22 de enero de 2020

Book tráiler (XXX): "Chamábase Luís", de Marina Mayoral. Realizado por Uxía Beiras Rivas



Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, o Book tráiler da novela Chamábase Luís, de Marina Mayoral (col. Fóra de Xogo, Xerais, 2007). Realización youtubeira: Uxía Beiras Rivas, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)




Book tráiler (XXIX): "Palabras de Caramelo", de Gonzalo Moure. Realizado por Irene Iglesias Domínguez



Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, o Book tráiler da novela Palabras de Caramelo, de Gonzalo Moure, con ilustracións de Fernando Martín Godoy (col. Sopa de Libros. Xerais, 2003). Realización youtubeira: Irene Iglesias Domínguez, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


Conta de Libros (XXVI): A esmorga, de Eduardo Blanco Amor




A esmorga é un libro que trata numerosos temas, coma o alcoholismo, abuso policial, machismo, homosexualidade, etc, e fai diferentes críticas cara á sociedade da época.

O momento que máis me gustou do relato, foi sen dúbida, cando os tres compañeiro pelexan e, sen querer,  prende o lume no pazo. É un acontecemento totalmente inesperado, que te colle por sorpresa. Isto mesmo ocorre co final. Este, non se semella nin un chisco ao que calquera pode pensar.

O personaxe que máis me gusta é Cipriano, o protagonista. Na miña opinión está moi ben caracterizado, e adáptase á perfección ao prototipo de home da época.

En canto ao vocabulario, a obra transcorre nun aldea ás aforas de Ourense. Este feito fai que o falar sexa diferente ao noso e, poida resultar un pouco complexa a comprensión, pero paga a pena.

Dito isto, recoméndovos moito este libro porque realmente me gustou, pero dende o meu punto de vista, creo que é máis axeitado para mozos e mozas, quizais, cun ou dous anos máis.

Paula Noya Redondo (4º ESO)


É un libro que me gustou moito, pero tamén é difícil de ler. Dá moitas voltas, explica moitísimo pero é divertido. Tíveno que ler dúas veces para entendelo ben.

O momento máis divertido foi cando prenderon o lume ao pazo onde vivía un familiar do Milhomes e se botaron a correr medio espidos. As mortes do Bocas e do Cibrán era o que menos me esperaba, aínda que lle dá emoción ao final

O meu personaxe preferido é o Cibrán, é o que conta toda a historia e paréceme unha boa persoa e moi inocente. O bocas e o Milhomes, tampouco me desagradaron.

O final gústame moito, non o esperaba e tampouco o cambiaría. O que si que cambiaría, sería a linguaxe, é antiga e iso faino difícil de ler. Unha vez que o pillas, é bastante rápido de ler e engánchate porque xa non sabes que máis poden facer eses tres.

O tema é moi interesante e divertido, tres homes de esmorga que o pasan moi ben, non perden o tempo. Beben, rouban, queiman un pazo, entran nunha casa, un mata a outro... A min gustoume.

Alba Rey Brea (4º ESO)


Nesta narración de Eduardo Blanco Amor o tema principal é un día enteiro de esmorga de tres personaxes, e o que ocorre nesas 24 horas e as súas consecuencias.

O momento que me pareceu máis importante para min foi cando queimaron o pazo, pois foi o que arruinou todo, máis do que xa estaba mais, o momento que máis me gustou ou que máis me fixo rir foi cando entraron no pazo dos Andrada por segunda vez e descubriron o segredo da muller fermosa da cal estaban namorados dende a primeira vez que a viron.

Pareceume interesante a súa trama pero o seu vocabulario resultoume bastante difícil de comprender e iso fixo que tardara máis en lelo, posto que estaba escrito en galego dialectal da zona ourensá, aínda así iso non quere dicir que non me gustase e non lle faría ningún cambio. Tamén me gustaron os seus personaxes secundarios.

Este libro conta con moitos xiros na acción da trama polo que fai que te enganche.

É un libro que recomendo e que te animo a ler!


Leticia Añón Guerra (4º ESO)

O libro trata duns 3 homes que van de festa (esmorga), foron ao primeiro bar e emborracháronse e aí comezou a historia. O tema paréceme diferente, moi divertido e entretido de ler. 

O personaxe que máis me gustou foi Cibrán porque non foi o máis agresivo nin o máis gracioso pero si o máis intelixente e influínte na narración. Outro que tamén me gustou foi o Bocas porque me pareceu o máis agresivo e menos intelixente e iso fai que sexa o máis gracioso. 

Eu o que cambiaría sería que Cibrán non se suicidase e non lle pasase nada malo e que o Bocas non lle fixese nada malo á muller do vertedoiro. Eu cambiaria o final por un menos agresivo, por exemplo: o Bocas non fora a violar a muller e a seducise como a xente normal. E que a Cibrán non lle pasase nada malo porque é bo home. 

A linguaxe era diferente porque se escribiu en galego dialectal da zona ourensá. 

Eu recomendo este libro porque ten un tema diferente e poucas páxinas, así que ao lelo pasas unha tarde moi entretida e chea de risas.


Miguel Mariño Martínez (4º ESO)


Vou comentar este libro que trata dun home que narra durante un período de tempo as súas aventuras xunto cos seus dous amigos.

É un libro entretido aínda que o vocabulario é complexo. Gústame debido a que todo se desenvolve nunha vila deixada da man de Deus. Todo comeza cando os amigos e o protagonista saen de festa, ao que a novela lle chama saír de esmorga, estes pásanse coa bebida e acaban facendo toleadas como entrar nunha casa valada, ou queimar sen querer un pazo cando só querían quentarse e pasar a noite.

O tema paréceme diferente debido a que Cibrán (o personaxe principal) está nunha loita interna entre asentar ou seguir sendo un cabeza tola.

O momento máis importante podo dicir que foi cando a policía interroga a Cibrán e morre aínda que non se aclara a causa da morte se foi porque o matan a golpes ou se colle a navalla e se suicida.

É un libro que recomendaría se tivese un vocabulario máis sinxelo porque baixo o meu punto de vista axilizaría a lectura.

Mirian Otero Sande (4º ESO)