Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



domingo, 8 de febreiro de 2009

USHA no club e tamén LA GUERRA DE LAS SALAMANDRAS



O vindeiro VENRES 13 teremos a primeira xuntanza do club para ler USHA, novela escrita por María Reimóndez e ilustrada por Iván Sende.

Uxía, Usha para os seus amigos, escribe o relato da súa estancia en Devastana, unha vila do estado de Karnata, na India. A rapaza galega, que acompañaba a súa nai, membro dunha ONG, rememora a vida cotián da súa escola india. Alí amigou con Lakshmi e Deepak, aprendeu canarés, coñeceu novos costumes e lendas, enfrontouse con dificultades imprevistas e, sobre todo, cunha nova visión da vida, ata entón, descoñecida para ela. Usha aprendeu na India que alí o seu nome significa a primeira luz do mencer. Nunca o esquecerá.



Tamén queremos comezar a ler LA GUERRA DE LAS SALAMANDRAS de Karel Capek.


Para que vos animedes, aquí tedes algunhas recomendacións de xente nova:

A min este libro paréceme unha auténtica obra maestra, comparable a títulos como "Un mundo feliz" incluso superando esa obra por intres..... Pode ser lída desde tantos puntos de vista (novela ecóloxica, ceguera do ser humano, explotacion de traballadores, etc...) que chega a impresionar que en tan poucas páxinas se nos conte tanto. Moi divertida e de lectura sinxela. Recoméndoa a todo o mundo.

Gran libro que condensa a inagotable estupidez humana nunha fábula elegante, incisiva e mordaz. E aunque ó principio todo parece de chirigota, pouco a pouco o laberinto no que se vai metendo o xénero humano crea unha angustia como poucas veces vín.

Eu resaltaría as críticas ós científicos. Os informes sobre os experimentos que fan sobre as salamandras son desternillantes e o propio narrador da historia despáchase a gusto contra eles. Coincido cos outros en que a crítica ó capitalismo é xenial. E unha das seus maiores virtudes é o final bastante dramático e pesimista da novela que contrasta co tratamento, en xeral desenfadado, da historia.