Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



jueves, 18 de enero de 2018

Os mellores libros en galego publicados en 2017



O portal web cultural Fervenzas Literarias promove nos últimos anos unha votación pública para elixir as mellores obras, autores e autoras e iniciativas vencelladas á literatura galega do ano anterior. Nesta edición participaron 522 enquisas válidas e os resultados veñen de se facer públicos esta semana. Velaquí.
O mellor libro de literatura infantil : Aseñorita Bubble (Xerais) Ledicia Costas (texto) Andrés Meixide (ilustracións)
O mellor libro de literatura xuvenil: Os nenos da varíola (Galaxia) María Solar 
O mellor libro de LIX traducido : Pippi Mediaslongas (Kalandraka) Astrid Lindgren (texto)
O mellor libro de narrativa: A nena do abrigo de astracán (Xerais) de Xabier P. DoCampo
O mellor libro de poesía: Lumes (Apiario) de Ismael Ramos
O mellor libro de ensaio/investigación: Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (Galaxia) de María Xesús Lama
O mellor libro de teatro: Suite Artabria (Xerais) de Manuel Lourenzo.
O mellor libro de banda deseñada: O Bichero VII. De punta a chicote (Luís Dávila) Luís Dávila
O mellor libro de tradución para adultos: Thérèse Raquin (Hugin e Munin) Émile Zola
A mellor capa de LIX : A señorita Bubble (Xerais) Capa de: Andrés Meixide
A mellor autora/autor : Ismael Ramos
O mellor ilustradora/ilustrador: Víctor Rivas
A mellor capa de adultos : Luns (Xerais)
O mellor espazo literario na web: ‘Caderno de Crítica’, de Ramón Nicolás.
O mellor medio de comunicación: Sermos Galiza
O mellor acontecido en 2017Culturgal.
O peor acontecemento: A política lingüística do goberno da Xunta
A mellor libraría: Cartabón (Vigo)
O mellor crítico literario: Armando Requeixo
A mellor editorial: Galaxia