Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



venres, 13 de xuño de 2014

Balda de Libros (LXXII): Anagnórise, de María Victoria Moreno



Este é un libro interesante que engancha dende o principio. Non é difícil de ler e ademais ten un vocabulario bastante sinxelo. O final é pechado, (que é como me gusta) mais este non me gustou dado que me parece que quedaría máis completo facendo que os rapaces tiveran unha historia e se contara unha pequena continuación para aclarar o que vai ser deles e se fan as paces e volven saír xuntos.

Os personaxes son redondos e e completos e moi entretidos e penso que calquera se podería identificar con algún dos personaxes dado a que as historias que lle pasan son moi comúns na vida real.

A miña parte favorita é a de cando están a punto de chocar co camión e despois lles aparece a policía e se poñen todos nerviosos por se os van a multar.

Eu recomendaríalle este libro as persoas que intenten comprender mellor á xente dado a que seguro que sacan algo da súa lectura.

Tomás Beiras Rivas (3ª ESO)

Balda de Libros (LXXI): Váter, de Roberto Salgueiro




Este libro non me entusiasmou moito por varias razóns. A primeira é que o diálogo entre dúas persoas non é moi divertido e menos se é toda a obra.

Logo, case non ten argumento, falan sempre do mesmo, da hora que é, da morte, e de cando sairán de alí.

Algo que me gustou é que che fai pensar sobre moitas cousas, a vida, os medos, o que farás...etc.

Este libro lese moi rápido, son apenas cincuenta páxinas, e a metade das veces din cinco palabras en en cada intervención.

Brais Rey Calviño (4º PDC)