Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 18 de diciembre de 2012

Andel de Libros (XXI): Erros e Tánatos, de Gonzalo Navaza



Erros e Tánatos, de Gonzalo Navaza, Xerais.

O libro gústoume bastante porque a min os libros de relatos non me gustan moito pero este sorprendeume moito. Os relatos están cheos de intriga e anímante a seguir lendo e non che leva moito tempo lelos todos. Outra cousa pola que me gustou foi porque tratan todos sobre mortes e asasinos e non rematan como eu cría que ían rematar.
O libro non foi moi complicado de ler aínda que tiven que buscar varias palabras no dicionario. Eu recomendollo ás persoas que lle gusten os relatos sobre a morte.
 
Alejandro Bello Andreo (4º ESO)

Andel de Libros (XX): A sombra cazadora, de Suso de Toro


A sombra cazadora, de Suso de Toro, Xerais.



O libro, en si, é moi interesante. Aínda que hai un concepto que non me gusta nada, que é que cada capítulo está narrado por un personaxe diferente, e así hai partes que é moi difícil entender. Aínda así, está moi ben escrito.
O máis importante do libro é o final, aínda que se tivera a elección, cambiaríao polo que inventei eu. Porque o final do libro non está claro como aconteceu todo e porque pasou, en cambio non meu, inténtase explicar como suceden as accións dos personaxes. Polo que non me gustou moito o seu final, gustaríame máis se polo menos, Teseo tivera algunha opurtunidade de saír daquela pantalla.
Respecto ó resto do contido, está moi ben.


Belén García Lijó (3º ESO)

Andel de Libros (XIX): Salitre, de Santiago Jaureguizar




 
A miña valoración sobre este libro é moi positiva, porque os problemas que ten Eduardo, o protagonista, porderíamos telos calquera adolescente de hoxe en día.
Na miña opinión, está moi ben narrado todo o libro; enténdese todo moi ben. O único defecto que lle puiden ver a este libro é que se tivera un pouco máis de acción ou misterio ou aventura, sería moito máis interesante do que é; e creo que ganaría máis lectores. Porque creo que así está un pouco soso, polo medio non acontece nada na que o lector poida captar a súa atención. Eu poñeríalle máis acción, aínda que o final prefiro o que ten o libro, é un pouco máis realista e interesante.
Polo resto, o libro está moi ben; a min, en concreto, gustoume moito.


Belén García Lijó (3º ESO)

Andel de Libros (XVIII): A expedición do Pacífico, de Marilar Aleixandre





A min este libro gustoume moito, é divertido, atrae ao lector porque queres saber o que pasa e non podes deixar ningún capítulo sen ler.
Eu o final cambiariao pero así tamen me gustou porque o que importa e que volveran a casa todos sans e salvos e non quedaran alá no medio do Pacífico. Emilia debería pedirlle perdón aos seus pais por marchar así sen dicir nada e que os seus pais se preocuparan por ela por non encontrala pero os pais tamén lle deberían de pedir perdón a ela por non comprender antes o que era o seu soño. E polo menos ao final cumpriuno. Foime fácil de comprender aínda que non entendín algunhas palabras.

Alba Pumar Muiño (3º)

Se esta novela non fose baseada en feitos reais, cambiaríalle o pouco orzamento que tiñan os vixiantes da expedición do Pacífico.
Non pasarían tantas calamidades á hora de conseguir as probas para o traballo que estaban a realizar, e o camiño que fixeron a pé pola selva non sería tan duro e longo.
O tema máis importante do libro penso que foi a explicación de como conseguiron todas as probas do traballo. Tamén é moi importante a forma na que Emilia e Andrés mantiveron o seu parentesco e sexo en secreto durante tantos meses. Era unha situación moi difícil.
Esta foi unha novela bastante interesante ao ser baseada na vida real.

Esteban Becerra Varela (3º)

Andel de Libros (XVII): Aire negro, de Agustín Fernández Paz





A min este libro gustoume moito, foime fácil de entender e pareceume interesante sobre todo cando Laura ten dezasete anos e se namora do seu profesor porque iso identifica a moitas persoas que se namoran de alguén maior e non saben como dicirllo como lle pasou a ela.
A min gustaríame que Laura fose feliz unha vez recuperada da súa enfermidade mental con Carlos ou con Víctor como ela quixera pero o que si me gustaría era que ela conseguise ser feliz e non marchar coa Gran Besta.
Se digo a verdade este libro na parte en que Laura e Dédalo entran na cova deume moito medo e tamén cando encontraron a Dédalo e a Iria feridos aínda que só o estaba lendo pero na miña mente estábao imaxinando todo e non me gustaría ser partícipe de algo así, soamente me gustaría participar na parte de amor de Laura e Carlos cando se namoran.
Para finalizar a miña valoración personal remato dicindo que disfrutei con esta lectura de Agustín Fernandez Paz e invitaría a todos a que leran o libro porque engancha e queres saber o que pasa ao final.

Alba Pumar Muiño (3º)



A miña opinión sobre o libro de Aire Negro é que non me gustou nada o final, xa que non explica o que lle acantece o Laura Novo. O que áais me gustou do libro foi o principio cando Víctor empeza a contarlle novelas e libros para que lle volva un pouco a memoria.
O que penso é que pasou de ser un libro real a ser un libro de ciencia ficción, coa Gran Besta. Podía mellorar Agustín Fernandez Paz o desenvolvemento da historia. O que tampouco me gustou foi o cambio de protagonista nun dos capítulos, porque non entendía o que quería transmitir sobre o relato do escrito que lle mandara Víctor a Laura Novo. Polo demais gustoume bastante se non fora por eses conceptos.
O que tamén non me gustou foi o anaco no que Víctor vai a Portugal para falar con Carlos.
Pero polo resto pareceume un libro adecuado, que engancha ao lector, e que aínda que mesture a realidade coa ficción gustoume.                                                                                                    
 

Daniel González Iglesias (3ºESO)