A
min este libro gustoume moito, foime fácil de entender e pareceume interesante sobre
todo cando Laura ten dezasete anos e se namora do seu profesor porque iso
identifica a moitas persoas que se namoran de alguén maior e non saben como
dicirllo como lle pasou a ela.
A
min gustaríame que Laura fose feliz unha vez recuperada da súa enfermidade
mental con Carlos ou con Víctor como ela quixera pero o que si me gustaría era
que ela conseguise ser feliz e non marchar coa Gran Besta.
Se
digo a verdade este libro na parte en que Laura e Dédalo entran na cova deume
moito medo e tamén cando encontraron a Dédalo e a Iria feridos aínda que só o
estaba lendo pero na miña mente estábao imaxinando todo e non me gustaría ser
partícipe de algo así, soamente me gustaría participar na parte de amor de
Laura e Carlos cando se namoran.
Para
finalizar a miña valoración personal remato dicindo que disfrutei con esta
lectura de Agustín Fernandez Paz e invitaría a todos a que leran o libro porque
engancha e queres saber o que pasa ao final.
Alba Pumar Muiño (3º)
A miña opinión sobre o libro de Aire Negro é que non
me gustou nada o final, xa que non explica o que lle acantece o Laura Novo. O
que áais me gustou do libro foi o principio cando Víctor empeza a contarlle
novelas e libros para que lle volva un pouco a memoria.
O que penso é que pasou de ser un libro real a ser
un libro de ciencia ficción, coa Gran Besta. Podía mellorar Agustín Fernandez
Paz o desenvolvemento da historia. O que tampouco me gustou foi o cambio de
protagonista nun dos capítulos, porque non entendía o que quería transmitir
sobre o relato do escrito que lle mandara Víctor a Laura Novo. Polo demais
gustoume bastante se non fora por eses conceptos.
O que tamén non me gustou foi o anaco no que Víctor
vai a Portugal para falar con Carlos.
Pero polo resto pareceume un libro adecuado, que
engancha ao lector, e que aínda que mesture a realidade coa ficción gustoume.
Daniel González Iglesias (3ºESO)
1 comentario:
Gustame a opión de Alba e por suposto a miña:)
Publicar un comentario