A miña valoración sobre este libro é moi positiva, porque os
problemas que ten Eduardo, o protagonista, porderíamos telos calquera
adolescente de hoxe en día.
Na miña opinión, está moi ben narrado todo o libro;
enténdese todo moi ben. O único defecto que lle puiden ver a este libro é que
se tivera un pouco máis de acción ou misterio ou aventura, sería moito máis
interesante do que é; e creo que ganaría máis lectores. Porque creo que así
está un pouco soso, polo medio non acontece nada na que o lector poida captar a
súa atención. Eu poñeríalle máis acción, aínda que o final prefiro o que ten o
libro, é un pouco máis realista e interesante.
Polo resto, o libro está moi ben; a min, en concreto,
gustoume moito.
Belén García Lijó (3º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario