A
min este libro gustoume moito, é divertido, atrae ao lector porque queres saber
o que pasa e non podes deixar ningún capítulo sen ler.
Eu
o final cambiariao pero así tamen me gustou porque o que importa e que volveran
a casa todos sans e salvos e non quedaran alá no medio do Pacífico. Emilia
debería pedirlle perdón aos seus pais por marchar así sen dicir nada e que os
seus pais se preocuparan por ela por non encontrala pero os pais tamén lle
deberían de pedir perdón a ela por non comprender antes o que era o seu soño. E
polo menos ao final cumpriuno. Foime fácil de comprender aínda que non entendín
algunhas palabras.
Alba Pumar Muiño (3º)
Se
esta novela non fose baseada en feitos reais, cambiaríalle o pouco
orzamento que tiñan os vixiantes da expedición do Pacífico.
Non
pasarían tantas calamidades á hora de conseguir as probas para o
traballo que estaban a realizar, e o camiño que fixeron a pé pola
selva non sería tan duro e longo.
O
tema máis importante do libro penso que foi a explicación de como
conseguiron todas as probas do traballo. Tamén é moi importante a
forma na que Emilia e Andrés mantiveron o seu parentesco e sexo en
secreto durante tantos meses. Era unha situación moi difícil.
Esta
foi unha novela bastante interesante ao ser baseada na vida real.
Esteban
Becerra Varela (3º)
Ningún comentario:
Publicar un comentario