O lapis do carpinteiro. Manuel Rivas. Xerais
O
lapis do carpinteiro é unha novela histórica que fai que aprendas
moito sobre a Guerra Civil española. Ademais, ao estar ambientada no
cárcere de Santiago de Compostela, son capaz de facerme á idea do
debuxo do Pórtico da Gloria cos retratos dos seus compañeiros
porque é un lugar que visitei e coñezo. Penso que é unha novela
necesaria e debería ser de obrigada lectura ao longo da secundaria
para coñecer a historia recente de España e moito do que supuxo a
Guerra Civil.
O
máis interesante é o lapis, que vai pasando de man en man coma se
fose unha variña máxica entre os distintos personaxes. A historia
de amor que se conta ao longo da novela é como a parte bonita de
todas as barbaridades que se producen nunha guerra.
O
meu personaxe favorito é o protagonista, Daniel Da Barca pois
mantense vivo grazas ao amor que ten por Marisa Mallo, aínda que a
familia desta non quere que estean xuntos. Ademais faría calquera
cousa para axudar aos seus compañeiros.
A
novela gustoume excepto a introdución porque custa
un pouco situarse ao empezar como unha entrevista. O autor utiliza
unha linguaxe clara e unha maneira moi bonita de contar as cousas tan
horribles que lle suceden aos personaxes.
Íker
García Brea (4º ESO)
O
lapis do carpinteiro, de Manuel Rivas, é un libro que me gustou
bastante, engancha dende o primeiro momento. Esta narración conta a
historia da guerra civil española dun xeito moi realista.
A
miña personaxe preferida é Marisa. Marisa é unha muller valente e
decidida, que loita polos seus ideais e fai todo polo amor. E o
carcereiro é o personaxe que menos me gustou, poois é unha persoa
cruel, que representa a represión e a violencia do réxime
franquista.
A
historia é moi interesante e os personaxes están moi ben
desenvolvidos. Nesta novela fálase tamén en certa parte de como
vivían as persoas naquela época, e a pouca liberdade de expresión
que había.
Con
respecto ao vocabulario, aínda que había algunhas palabras que non
coñecía ou das que non sabía o significado, en xeral entendín
todo bastante ben polo contexto.
Recomendo
moito este libro a todos aqueles que queiran aprender máis ou que
lle interese a guerra civil española.
Samuel
Grela Seoane (4º ESO)
Esta
historia ocorre na guerra civil española.
Daniel que era un médico foi encarcerado
no que antes fora
un mosteiro e agora é
un cárcere.
Marisa era unha muller que vivía
na mesma vila, ela ia sempre que podía
visitar a Daniel
ao
cárcere.
E
Herbal traballa no cárcere
e el quería
estar sempre con Daniel
porque así
podía
ver a Marisa, ata que nun momento se deu
conta de que ela estaba namorada de Daniel.
A
min persoalmente o
momento que máis
me gustou deste libro foi cando Daniel no
último
cárcere
no
que estivo
foi condenado
a morte, e paréceme
moi interesante porque cando o mataron Marisa puido seguir tendo un
recordo del que era o seu caderno.
O
meu personaxe preferido é Herbal porque estaba namorado de Marisa,
pero cando viu que ela estaba demasiado namorada de Daniel deixounos
en paz e así puideron seguir coa súa relación.
O
lapis do carpinteiro
é
unha novela
bastante entretida
a pesar de que o contido da historia é
bastante triste. Eu a
esta historia non lle cambiaría
nada porque tes unha intriga bastante forte cara ao
desenlace segundo
o vas lendo.
O
que si pasa é
que o autor, que é
Manuel Rivas, dálle
bastantes voltas ao
contido do libro e iso
fai que sexa
un pouco complicado de ler, pero o vocabulario é
axeitado para a
nosa idade.
Nerea
Sánchez Castro (4º ESO)