Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



miércoles, 8 de mayo de 2013

Andel de Libros (L): O paso, de Raúl Dans


O Paso. Raúl Dans. Editorial Tris Tram 
 
Este libro está bastante ben, a verdade é que me gustou e foi bastante entretido e divertido porque había anacos do libro que eran moi cómicos.
A parte que quizáis máis me gustou foi o primeiro anaco da obra, cando hai esa situación incómoda entre os dous protagonistas, ao descoñecer á persoa coa que compartes un banco e te sentas ao seu lado, e sobre todo a esa situación incómoda ao intentar manter unha conversa; esa parte foi moi graciosa e entretida.
A parte que menos me gustou foi o final, xa que a forma na que a muller e o home se despediron foi moi sosa.
O final decepcionoume bastante porque esperábame algo diferente como que por exemplo a muller coa que estaba falando o home fora a persoa coa que anos antes compartira ese bocadillo ou algo parecido.

Rocío Villasenín Bello (4º ESO)

Andel de Libros (XLIX): Cita co diaño, de Raúl Dans





Este libro está bastante ben e é moi entretido, ten temas bastante variados como o amor, a fantasía… e mestura a realidade coa fantasía e o mundo das mortes como o diaño, a ferida que non sangra…
A parte que máis me gustou foi cando o Irmán Manuel recoñece o rostro de Xoán e lle di que o vira no periódico e que sabía que se escapara do psiquiatra, por iso ao principio o miraba con tanta precaución.
A parte que menos me gustou foi cando Xoán morre, porque ese momento deume moita pena e porque pensei que o final ía ser distinto e el non ía morrer.
Aínda que esta historia está bastante ben, deixa algunhas cousas ou preguntas sen responder, como por exemplo o que fixo Irmán Manuel cos papeis que lle deu Xoán antes de morrer el ou como, outro exemplo, se Irmán Manuel contou algo do que viviu a outras persoas. 

Rocío Villasenín Bello (4º ESO)

Concurso coa palabra chave #rosaliasempreporque




Aquí temos un pequeno concurso para aquelas e aquelas que teñades unha conta de Twitter. A participación é moi sinxela, así que animádevos a enviar o voso chío coa vosa opinión persoal sobre Rosalía de Castro. Velaquí a convocatoria:


Editorial Galaxia bota a andar un novo concurso en twitter para conmemorar os 150 anos de Cantares Gallegos

Despois do éxito de participación do noso anterior concurso en twitter arredor de O Principiño botamos a andar un novo concurso na rede de microblogging, desta volta, para conmemorar os 150 anos de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro que celebramos neste 2013.

Como na vez anterior, todos os tuiteiros están convidados a enviar os seus chíos no hastag #rosaliasempreporque completando o chío e explicando porque a súa obra sempre estará con nós, ou por que é tan importante para nós.

O gañador do concurso, o chío que máis nos guste, recibirá un exemplar dos libros de Rosalía de Castro, Follas Novas, Cantares Gallegos, así como o Murguía de Xosé Ramón Barreiro Fernández, o Rosalía de Castro de Claude Henri Poullain, o Rosalía de Ramón Otero Pedrayo así como o Grial 194 que dedicamos á nosa poeta nacional.

Empezamos a recibir os vosos chíos. O gañador ou gañadora, o 15 de maio.