Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



lunes, 18 de febrero de 2013

Dicindo NON a pensar en negativo

Por Fabiola González Viqueira (1º ESO)


Comentario:
Paréceme un horroroso amor.  Nótase que un home está triste porque pensa que non vai a volver ver a muller, cousa que lle senta moi mal.
El pensa que é  un amor  imposible.
Nunca se debe pensar en negativo, porque se te esforzas consigues ser feliz.


                                                     Vídeo visto no Youtube

FALANDO DE PORTUGAL, DE LIBRERÍAS E DE HARRY POTTER


Se a maxia existe,  parte dela atópase na libraría Lello, en Porto. De feito, cando a autora dos libros de Harry Potter, J. K. Rowling  visitou Porto, quedou fascinada con esta libraría e serviulle de inspiración para ambientar algunhas das escenas na  biblioteca de Hogwarts.  Moitas persoas din que algunhas das escenas da película filmáronse nela, pero eu non sei se forma parte do encantamento.
É pequena, pero o seu feitizo pode atraparte por moito tempo.  Está considerada unha das librerías máis bonitas do mundo.
Mirade os vídeos da librería e  dunha escena da película de Harry Potter e deixádevos  cativar.




Vídeos vistos no Youtube