Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



venres, 8 de marzo de 2024

Book tráiler (LX): De cristal, de Silvestre Gómez Xurxo. Realizado por Laura Rodríguez Seoane

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler do libro De cristal, de Silvestre Gómez Xurxo (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2015). Realización youtubeira: Laura Rodríguez Seoane, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (LIX): Cando petan na porta pola noite, de Xabier P. DoCampo. Realizado por Laura Rodríguez Seoane

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler do libro Cando petan na porta pola noite, de Xabier P. DoCampo (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2000). Realización youtubeira: Laura Rodríguez Seoane, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo) 


 

Balda de Libros (XXVII): Recinto gris, de Ledicia Costas

 

 

Recinto gris. Ledicia Costas. Xerais

Recinto gris de Ledicia Costas é unha novela que me gustou moito porque nunca lera unha narración así, pois trasládanos a un mundo completamente improbable, onde poboacións enteiras son encerradas en campos de concentración polos homes lobo.

Este exército ten que coller a todo aquel que perturba o equilibrio social, queren facer o mundo perfecto á súa maneira, o que nos ensina a que debemos respectar ás diferentes persoas se queremos que eles tamén nos respecten a nós.

O máis bonito da novela e co que máis me podo sentir identificada é coa complicidade que mostran o avó e mais a súa neta pois recórdanos o importante que son os avós e as avoas nas nosas vidas. Outra cousa que tamén me gustou moito foi a portada do libro, porque representa moito a historia que logo se conta. E ademais é moi sinxelo de ler.

A escena que máis me gustou sen dúbida foi cando o exército foi buscar a nena á casa para levala ao recinto gris. E a miña personaxe favorita foi a nena, paréceme unha rapaza moi astuta, inocente que non fixera nada malo e aínda así levárona para o recinto.

Lara Piñeiro González (3º ESO)

Book tráiler (LVIII): A dúbida, de María Reimóndez. Realizado por Ainoha González Iglesias

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela A dúbida, de María Reimóndez (col. Narrativa. Xerais, 2016). Realización youtubeira: Ainoha González Iglesias, 4º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (LVII): Adiós María, de Xohana Torres. Realizado por Zaira Antelo Iglesias

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler do libro Adiós María, de Xohana Torres (1971. 1ª ed. col. Literaria. Galaxia, 2018). Realización youtubeira: Zaira Antelo Iglesias, 4º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

 

Book tráiler (LVI): Unha estrela no vento, de Ledicia Costas. Realizado por Cristina García Regueiro

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Unha estrela no vento, de Ledicia Costas (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2000). Realización youtubeira: Cristina García Regueiro, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)