Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



venres, 8 de marzo de 2024

Balda de Libros (XXVII): Recinto gris, de Ledicia Costas

 

 

Recinto gris. Ledicia Costas. Xerais

Recinto gris de Ledicia Costas é unha novela que me gustou moito porque nunca lera unha narración así, pois trasládanos a un mundo completamente improbable, onde poboacións enteiras son encerradas en campos de concentración polos homes lobo.

Este exército ten que coller a todo aquel que perturba o equilibrio social, queren facer o mundo perfecto á súa maneira, o que nos ensina a que debemos respectar ás diferentes persoas se queremos que eles tamén nos respecten a nós.

O máis bonito da novela e co que máis me podo sentir identificada é coa complicidade que mostran o avó e mais a súa neta pois recórdanos o importante que son os avós e as avoas nas nosas vidas. Outra cousa que tamén me gustou moito foi a portada do libro, porque representa moito a historia que logo se conta. E ademais é moi sinxelo de ler.

A escena que máis me gustou sen dúbida foi cando o exército foi buscar a nena á casa para levala ao recinto gris. E a miña personaxe favorita foi a nena, paréceme unha rapaza moi astuta, inocente que non fixera nada malo e aínda así levárona para o recinto.

Lara Piñeiro González (3º ESO)

Ningún comentario: