Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



sábado, 4 de xuño de 2022

Book tráiler (CXIII): Corredora, de María Reimóndez. Realizado por Ainoha González Iglesias

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Corredora, de María Reimóndez (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2017). Realización youtubeira: Ainoha González Iglesias, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (CXII): O Principiño, de Antoine de Saint-Exupèry. Realizado por Ainoha González Iglesias

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O Principiño, de Antoine de Saint-Exupèry. Tradución de Carlos Casares (col. Árbore. Galaxia, 2013). Realización youtubeira: Ainoha González Iglesias, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (CXI): Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz. Realizado por Nerea Sánchez Castro

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz (col. Fóra de Xogo. Xerais, 1995, 40ª edición 2018). Realización youtubeira: Nerea Sánchez Castro, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (CX): Plan de rescate, de Antía Yáñez. Realizado por Manuel Pardal Noya

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Plan de rescate, de Antía Yáñez, con ilustracións de Xiana Teimoy (Xerais, 2020). Realización youtubeira: Manuel Pardal Noya, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (CIX): Formigas, de Tucho Calvo. Realizado por Manuel Pardal Noya

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Formigas, de Tucho Calvo (col. Mandaio. Biblos, 2012). Realización youtubeira: Manuel Pardal Noya, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Conta de Libros (XXX): Papiroflexia, de Fernando Castro Paredes

Papiroflexia. Fernando Castro Paredes. Galaxia 

A min este libro gustoume moito, por unha parte penso que é sinxelo de ler polo simple motivo de que sexan tres historias diferentes, pero por outra tamén opino que estaría ben que fose unha obra cunha soa historia. 

O autor destas historias é Fernando Castro Paredes, este é o primeiro libro que lin deste autor, aínda que xa tivera oído falar doutros libros deste como A Derradeira Bala

Gústame como nomea as personaxes porque así son máis fáciles de aprender sobre todo para lembrar na lectura. 

En canto á linguaxe paréceme un libro moi sinxelo de ler e cun vocabulario actual, tamén me chama a atención os temas que intenta reflectir nas historias. Se tivera que escoller unha historia escollera a terceira porque foi a que máis me chamou a atención. 

En conclusión a min persoalmente esta obra gustoume moito, enganchoume e lino moi rápido. 

Sonia Muíño Riomayor (4º ESO)

Conta de Libros (XXIX): O heroe, de Manuel Rivas

 

O heroe. Manuel Rivas. Xerais 

Este libro gustoume bastante, xa que dende o comezo da historia aparecen diferentes cuestións que te vas formulando, e que durante a lectura vas descubrindo. Enganchoume bastante, por isto mesmo, xa que queres saber quen son e que fixeron os diferentes personaxes que van aparecendo mentras transcorre esta historia.  

O tema da obra foi do meu agrado, á parte que ten trazos de ironía e sitúanos nunha época do pasado. 

O momento máis importante do libro para min, tamén xunto a un dos que máis me gustou foi o final, xa que non o esperaba así.  

O meu personaxe favorito é Arturo Piñeiro, alias Caronte xa que é un home moi sabio e carece de medo. Paréceme un home moi forte e valente ante calquera circunstancia que o poida sobrepasar. 

Non lle faría ningún cambio xa que me parece que está moi ben, tamén ao estar escrito como obra teatral faino mais dinámico.  

Lese rápido e sen problemas, aínda que no vocabulario hai algunhas palabras que non acabo de entender ben, mais conforme vas lendo, co contexto do texto podes comprendelo sen problemas.  

Sara González Castro (4º ESO)

Book tráiler (CVIII): O diario violeta de Carlota, de Gemma Lienas. Realizado por Valeria Grela Bello

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O diario violeta de Carlota, de Gemma Lienas (col. Costa Oeste. Galaxia, 2012). Realización youtubeira: Valeria Grela Bello, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (CVII): O diario violeta de Carlota, de Gemma Lienas. Realizado por Irene Arnejo González

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O diario violeta de Carlota, de Gemma Lienas (col. Costa Oeste. Galaxia, 2012). Realización youtubeira: Irene Arnejo González, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (CVI): Esmeraldina, a pequena defunta, de Ledicia Costas. Realizado por Noelia Martínez Rodríguez

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Esmeraldina, a pequena defunta, de Ledicia Costas, con ilustracións de Víctor Rivas (col. Merlín. Xerais, 2016). Realización youtubeira: Noelia Martínez Rodríguez, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (CV): Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas. Realizado por Noelia Martínez Rodríguez

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas, con ilustracións de Víctor Rivas (col. Merlín. Xerais, 2014). Realización youtubeira: Noelia Martínez Rodríguez, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Conta de Libros (XXVIII): A casa do medo, deAgustín Fernández Paz

A casa do medo. Agustín Fernández Paz. Rodeira 

Este libro pareceume moi interesante e entretido, porque cando menos o esperabas ocorríalle algo novo que facía que estivese envolto nunha aventura nova e máis divertida ca anterior e con máis sucesos emocionantes e intrigantes. 

Tamén non se enreda con cada historia que conta, o cal fai que sexa máis fácil de ler. 

Eu persoalmente só lle faría un cambio a este libro e esa mudanza sería cambiar un pouco o principio, pois cando empezas a ler é moi aburrido e case che quita as ganas de lelo e de continuar a historia. Pero despois cando estás pola metade empezas a coller interese pola intriga, por saber que vai pasar a continuación e por ver que aventura lle ocorrera despois desa. 

O protagonista que máis me gustou foi a filla da Maga porque é aventureira como o protagonista e compadécese dos demais pola sua empatía. 

O vocabulario deste libro é axeitado, porque conta as historias con palabras sinxelas e moi fáciles de entender. 

 Íker Señarís Suárez (3º ESO)

Conta de Libros (XXVII): O Raio Veloz, de Agustín Fernández Paz

O Raio Veloz. Agustín Fernández Paz. Oxford 

A min este libro pareceume moi interesante e entretido porque Adrián é unha persoa moi amable e empática, xa que decide axudar as persoas, por exemplo a muller que estaba triste porque pensaba que a deixara o mozo e por iso lle quería devolver todos os regalos que lle fixera, el ao ver isto cambiou a carta para que volvesen a estar xuntos e felices. 

O meu personaxe favorito é Adrián xa que a pesar de que tiña un risco enorme de perder o seu emprego se a súa xefa se decataba de que abrira os paquetes e cambiara o seu contido varia veces non podería facer nada por salvar o seu traballo, pero a pesar diso el fíxoo para facer felices as persoas e rapaces a quen eran dirixidos eses paquetes. 

A min neste libro paréceme que non lle fai falta ningún cambio, agás que podería haber máis personaxes para falar xa que só hai dous importantes nesta historia e dá moi pouco para dialogar. 

O final pareceume moi sorprendente porque revela que a persoa que lle enviara eses paquetes misteriosos e lle pedira unha cita fora a súa xefa Rosa, cando revelou quen era foi algo que me sorprendeu bastante xa que non mo esperaba para nada. 

Sergio Señarís Suárez (3º ESO)

Book tráiler (CIV): Somos os monstros, de Paula Carballeira. Realizado por Carla Caramés Rivas

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler do libro Somos os monstros, de Paula Carballeira, con ilustracións de Ignacio Hernández (Col. Biblioteca Dramática Galega, Xerais, 2019). Realización youtubeira: Carla Caramés Rivas, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (CIII): Somos os monstros, de Paula Carballeira. Realizado por Ángel Castro Noya

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler do libro Somos os monstros, de Paula Carballeira, con ilustracións de Ignacio Hernández (Col. Biblioteca Dramática Galega, Xerais, 2019). Realización youtubeira: Ángel Castro Noya, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (CII): O talismán dos druídas, de Pepe Carballude. Realizado por Ángel Castro Noya

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O talismán dos druídas, de Pepe Carballude (col. Árbore. Galaxia, 1989. Reedición en Everest, 2006). Realización youtubeira: Ángel Castro Noya, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (CI): Esmeraldina, a pequena defunta, de Ledicia Costas. Realizado por Carla Caramés Rivas

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Esmeraldina, a pequena defunta, de Ledicia Costas, con ilustracións de Víctor Rivas (col. Merlín. Xerais, 2016). Realización youtubeira: Carla Caramés Rivas, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (C): O Raio Veloz, de Agustín Fernández Paz. Realizado por Sergio Señarís Suárez

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O Raio Veloz, de Agustín Fernández Paz, con ilustracións de Federico Delicado (col. A árbore da lectura. Oxford, 2010). Realización youtubeira: Sergio Señarís Suárez, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (XCIX): A cidade do átomo, de Iria Misa. Realizado por Íker García Brea

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela A cidade do átomo, de Iria Misa, con ilustracións de Sonia García (col. Merlín. Xerais, 2021). Realización youtubeira: Íker García Brea, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (XCVIII): Todo o tempo do mundo, de David Pérez Iglesias. Realizado por Íker García Brea

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Todo o tempo do mundo, de David Pérez Iglesias, con ilustracións de Marcos Viso (col. Merlín, Xerais, 2016). Realización youtubeira: Íker García Brea, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)