A casa do medo. Agustín Fernández Paz. Rodeira
Este libro pareceume moi interesante e entretido, porque cando menos o esperabas ocorríalle algo novo que facía que estivese envolto nunha aventura nova e máis divertida ca anterior e con máis sucesos emocionantes e intrigantes.
Tamén non se enreda con cada historia que conta, o cal fai que sexa máis fácil de ler.
Eu persoalmente só lle faría un cambio a este libro e esa mudanza sería cambiar un pouco o principio, pois cando empezas a ler é moi aburrido e case che quita as ganas de lelo e de continuar a historia. Pero despois cando estás pola metade empezas a coller interese pola intriga, por saber que vai pasar a continuación e por ver que aventura lle ocorrera despois desa.
O protagonista que máis me gustou foi a filla da Maga porque é aventureira como o protagonista e compadécese dos demais pola sua empatía.
O vocabulario deste libro é axeitado, porque conta as historias con palabras sinxelas e moi fáciles de entender.
Íker Señarís Suárez (3º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario