Papiroflexia. Fernando Castro Paredes. Galaxia
A min este libro gustoume moito, por unha parte penso que é sinxelo de ler polo simple motivo de que sexan tres historias diferentes, pero por outra tamén opino que estaría ben que fose unha obra cunha soa historia.
O autor destas historias é Fernando Castro Paredes, este é o primeiro libro que lin deste autor, aínda que xa tivera oído falar doutros libros deste como A Derradeira Bala.
Gústame como nomea as personaxes porque así son máis fáciles de aprender sobre todo para lembrar na lectura.
En canto á linguaxe paréceme un libro moi sinxelo de ler e cun vocabulario actual, tamén me chama a atención os temas que intenta reflectir nas historias. Se tivera que escoller unha historia escollera a terceira porque foi a que máis me chamou a atención.
En conclusión a min persoalmente esta obra gustoume moito, enganchoume e lino moi rápido.
Sonia Muíño Riomayor (4º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario