Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



mércores, 26 de novembro de 2008

AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ



Como xa sabes, o catedrático de filosofía AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ gañou o 23 de outubro o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, concedido polo Ministerio de Cultura, con súa obra «O único que queda é o amor»


Este premio distingue o mellor libro de literatura infantil ou xuvenil publicado ó longo de 2007 en calquera de las linguas oficiais que se falan en España.


"Y cuando me doy cuenta de cómo vamos a pasar por este mundo sin dejar huella después de haber llevado unas vidas estúpidas, comprendo con rabia que en la vida lo único que queda es el amor", ORHAN PAMUK

Esta cita, da que se extrae o título, abre O único que queda é o amor, unha colección de contos cun eixo común: o amor.
Diana, Sara, Pablo, Laura, Adrián… todos se namoran e descobren que o amor é un sentimento poderosísimo, capaz de transformalos por enteiro e facerlles a vida doutro xeito. Mais tamén experimentan a amargura do desamor, ou da ausencia, ou dos amores rotos. O amor en todas as súas variantes: desde o primeiro amor adolescente ata que se mantén máis alá da morte. Aínda sabendo isto, as persoas sempre buscamos na nosa vida ese sentimento tan necesario como o aire que respiramos, quizais porque intuímos que e “na vida o único que queda é o amor”.

Pronto no club!!


AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

PROXIMAMENTE NO CLUB



O próximo MÉRCORES 3 DE DECEMBRO teremos a primeira reunión para comentar MAUS, a historia de un superviviente, de Art Spiegelman.



Como ben indica o seu subtítulo, Maus é a historia dun supervivente de Auschwitz, Vladek Spiegelman narrada o seu fillo Art, o autor do libro. Pero ademáis, en Maus o autor tamén realiza un retrato do seu pai na actualidade (no momento en que se entrevista con él para que lle relate as súas lembranzas da guerra) así como de su difícil e tensa relación con él.

En Maus os persoaxes se nos muestran con rasgos faciais de animais, característica que se usa con fíns narrativos; así, por exemplo, os xudeos son presentados coma ratos, mentras que os nazis como gatos.

Maus está considerado unanimemente pola crítica como uu dos mellores cómics da historia. Recibiou un dos prestixiosos Premios Pulitzer en 1992, unha beca da Fundación Guggenheim e dió lugar a unha exposición no Museo de Arte Moderno de Nueva York.

NON TE ESQUEZAS DA REUNIÓN!!


luns, 17 de novembro de 2008

PRÓXIMA REUNIÓN DO CLUB

Lembrade que a próxima reunión do club para aqueles que estades a ler O CAN DOS BASKERVILLE é o venres 28 de novembro.

NON FALTEDES!!!!

Os próximos libros que leremos no club serán os seguintes: para o primeiro ciclo O NENO DO PIXAMA A RAIAS de John Boyne; para o segundo ciclo, Maus de Art Spiegelman.

Non tes ganas de lelos?

CONCURSO "DEIXA A TÚA PEGADA"


Lembra que co gallo de celebrar o DÍA DA BIBLIOTECA, convocouse o concurso DEIXA A TÚA PEGADA!!
Tes as bases do concurso (e mailo impreso para participar) na biblioteca.
ANÍMATE E PARTICIPA!!!!
O plazo remata o 29 de marzo de 2009.