Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



miércoles, 26 de noviembre de 2008

AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ



Como xa sabes, o catedrático de filosofía AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ gañou o 23 de outubro o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, concedido polo Ministerio de Cultura, con súa obra «O único que queda é o amor»


Este premio distingue o mellor libro de literatura infantil ou xuvenil publicado ó longo de 2007 en calquera de las linguas oficiais que se falan en España.


"Y cuando me doy cuenta de cómo vamos a pasar por este mundo sin dejar huella después de haber llevado unas vidas estúpidas, comprendo con rabia que en la vida lo único que queda es el amor", ORHAN PAMUK

Esta cita, da que se extrae o título, abre O único que queda é o amor, unha colección de contos cun eixo común: o amor.
Diana, Sara, Pablo, Laura, Adrián… todos se namoran e descobren que o amor é un sentimento poderosísimo, capaz de transformalos por enteiro e facerlles a vida doutro xeito. Mais tamén experimentan a amargura do desamor, ou da ausencia, ou dos amores rotos. O amor en todas as súas variantes: desde o primeiro amor adolescente ata que se mantén máis alá da morte. Aínda sabendo isto, as persoas sempre buscamos na nosa vida ese sentimento tan necesario como o aire que respiramos, quizais porque intuímos que e “na vida o único que queda é o amor”.

Pronto no club!!


AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

No hay comentarios: