Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



jueves, 11 de junio de 2015

Andel de Libros (XLIV): Unha rosa é unha rosa, de Suso de Toro



A min este libro gustoume moito, aínda que ao principio me pareceu un pouco aburrido logo foime empezando a gustar. Ao principio perdinme un pouco xa que mesturaba a historia coa película de Colombo. 

Unha das cousas que máis me gustou cando a vella Rosa se mete no corpo de Rosiña para poder vingarse dos seus sobriños e así facer toda clase de barabaridades.

O final cambiaríallo por un que fixen eu, xa que penso que está mellor que o que ten o libro, o meu é máis romántico xa que Borja e Rosiña acaban namorados. A min persoalmente gústanme os finais felices.

Foime fácil de entender, xa que ten unha linguaxe apropiada.

Sinceramente o teatro é o que máis me gusta ler, xa que o podes ler en alto cos teus amigos e interpretar a voz aínda que non interpretes os xestos.

Sonia Pumar Muíño (4º ESO)

Este libro gustoume moito, xa que non ten moitos personaxes, e tamén me gustou a historia e como ía acontecendo paralelamente á da televisió , ao programa de detectives do señor Colombo.

As escenas que máis me gustaron foron cando Rosa (a vella) se mete no corpo de Rosiña. A que menos me gustou foi cando aparece o detective, e despois morre xunto aos demais.

Non lle faría ningún cambio,  xa que me parece perfecto tal e  como está. Gústame moito o final xa que dá a entender que como Rosiña era moi inocente todo lle acaba saíndo ben, pero aos outros como a queren manipular para quedarse coa súa parte da herenza morren. O único que cambiaría sería a portada, xa que non me ten relación co interior do libro, debido a que é moi abstracta.

O personaxe que máis me gustou foi o de Rosiña, xa que aínda que ao principio é moi inocente ao final vólvese pícara, e sabe defenderse moi ben ela soa.

Sería un libro que recomendaría xa que me parece divertido, e sobre todo recomendaríallo a xente da miña idade.

Sandra Noya Redondo (4º ESO)

Andel de Libros (XLIII): Flores de Dunsinane, de Manuel Lourenzo



A min persoalmente paréceme unha obra moi interesante onde se mesturan moitos sentimentos e valores. Mostra especial interese na conciencia humana nos últimos momentos da vida. 

Esta obra fala da loita dos ser humano polo poder e como calquera que consiga o poder acaba deixando atrás outras cousas. Aínda que aparece a importancia da lealdade que deixan atrás pola ansia do poder.

Os protagonistas teñen moitos sentimentos, contrapostos, aínda así todos chegan ao momento da morte que é cando se dan conta e reflexionan sobre o que foi a vida.

Eu recomendaríalle este libro as persoas que pensen que os sentimentos non son importantes nos libros de teatro para facerlle ver todo o contrario. O autor utiliza un vocabulario culto por exemplo (hoste, rebento, arriar, cetro, abafar……)  con gran abundancia e moitos adxectivos.

Iván Señarís Veiras (4º ESO)

Andel de Libros (XLII): O heroe, de Manuel Rivas



O libro gustoume xa que é divertido, sobre todo cando intenta matar a Lanzarote coa navalla antes de que Gloria o tranquilizara e lle impedira facelo. Tamén me gustou a parte en que se quería queimar xa que hai que ser valente para facelo e arriesgar a vida por unha cousa que se cadra non consegues.

A parte que máis me gustou do libro foi cando se decide queimar para intentar cambiar a sociedade e quedar coma un heroe, aínda que houbo unha tormenta e impediulle queimarse.

A linguaxe pareceume sinxela xa que se entendía moi ben a maioría das palabras, aínda que tamen hai algunhas palabras que non entendías pero sacabalas polo contexto.

Recomendaríalle este libro a todas aquelas persoas quer lle gusten os libros de entretemento e que non queiran perder moito tempo lendo xa que é rápido de ler.

Álvaro Noya Rey (4º ESO)


A min este libro gustoume bastante, porque me gustan moito os libros que teñen personaxes deportistas como Caronte. Ademais gústame moito o personaxe de Ana, a moza de Caronte xa que é cantante e me gusta moito a música.

Gustoume moito que falase da festa dos Caneiros, porque é unha festa que hai en Betanzos á que acostumo a ir todos os anos coa miña familia.

Para min a escena que máis me gustou foi cando Caronte se ía queimar na torre de Hércules.

O personaxe que máis me gustou foi Caronte porque é un boxeador e o que menos Lanzarote porque andaba buscando un heroe para que cambiara España pero el non se atrevía.

Para min este libro non ten unha linguaxe moi difícil e lese bastante rápido.

Recomendo este libro para todas as idades porque non é complicado de ler e considero que é axeitado para todas as idades.

Adrián Recouso Pena (4º ESO)

Andel de Libros (XLI): Comedia bífida, de Manuel Núñez Singala



Este libro recomendaríallo a todas as persoas que fan uso da diglosia, así como aos que pese a falar galego diariamente o desprezan e din que "soamente vale para a aldea".

Tamén llo recomendaría ás persoas que lles gusten os libros de teatro cómicos, porque con este non podes parar de rir. Por exemplo, cando as siamesas Lana e Lina din que unha naceu na Coruña e outra naceu en Vigo. Outro momento das siamesas que me pareceu moi divertido foi cando se puxeron a discutir sobre fútbol: unha do Deportivo (a da Coruña) e outra do Celta (a de Vigo) e despois o mesmo co Barcelona e co Real Madrid.

Quedaríame tamén co momento no que xulgan ao señor Eliseu, cando lle mandan xurar e di: "Si, mecagonatós’".

Un dos personaxes que máis me gusta é o do Arcanxo, porque o pobre era un pouco torpe e facía rir.

Noelia Casas García (4º ESO)


Este  libro gustoume moito, pensei que ía ser moi aburrido xa que a min os libros de  teatro non me gustan para nada, pero este non me desagradou xa que ten a súa parte de gracia nalgúns anacos da obra que lle dan moita vida a esta historia.

Tamén me gustou que fose pequeno e ademais moi fácil de ler. E tamén me gustou o tipo de libro, non sei que tema é, pero xa estou canso de tanto medo e de tantas aventuras, e este libro trata varios  temas á vez (comedia, intriga, acción) e está moi ben.

Os personaxes gustaronme moito, sobre todo as siamesas xa que cada unha era o contrario da outra, pero a mellor foi Lina xa que era do Real Madrid e do Celta de Vigo.

O final non me gustou para nada, pareceume moi aburrido e gústame moito máis o final que inventei eu.

O seu vocabulario non é moi difícil e é moi facil de ler, moi recomendable para  todos.

Adrián Ríos González (4º ESO)

Andel de Libros (XL): O paso, de Raúl Dans



Esta historia gustoume moito, pero non acabo de entender ben o final, xa que é moi aberto. Eu creo que a muller que senta ao lado do home ten algo de relación con el, pero é unha relación do pasado. porque senón o autor non lle poñería ese final a esta historia.

Para a miña opinión, esta historia non lla recomendaría a ninguén, porque o final é moi estraño e raro, se non tivese un final tan aberto, recomendaríallo a calquera persoa que se quixese rir, porque o diálogo do bocadillo de queixo con marmelo é moi gracioso.


O que lle engadiría a esta historia, para a miña opinión, serían máis personaxes. Unha obra de teatro, para o meu gusto necesita máis de dous personaxes. Á parte disto, non lle engadiría máis nada.

O vocabulario deste libro foi moi fácil de entender, xa que non utiliza palabras moi difíciles ou expresións non habituais.

Diego Gutiérrez Castiñeiras (4º ESO)

Andel de Libros (XXXIX): Integral, de Roberto Vidal Bolaño



Esta historia gustoume moito e resultoume moi entretida, porque era moi graciosos cando os cuñados entraron no cabaré, e foron pedir algo e non lle traían nada. Os personaxes do cabaré resultaban un tanto estraños, pero á vez eran moi graciosos. Ademais resultou moi divertido que os timaran co do Integral.

A escena que máis me gustou foi cando os homes foron pedir algo para tomar e a muller do local, non lle traía nada. Tamén me gustou moito cando os homes lle fixeron o “Integral” a muller, xa que así non se marchaban de balde.

Eu con esta historia, non pensaba que o final acabase así, pensaba que os dous cuñados ían marchar para a casa de balde.

Esta historia recomendaríalla a calquera persoa que se quixese rir un bo anaco, xa que resulta moi graciosa. Ademais o vocabulario é moi fácil de entender.

Diego Gutiérrez Castiñeiras (4º ESO)


A min este libro non me gustou moito porque é un libro moi enredoso e con pouco sentido na miña opinión. Non me gustan os libros que se enredan tanto en crear un gran final a pesar de que isto poida perxudicar á historia facéndoa máis aburrida e lenta. Ademais non me parece unha obra que cumpra o seu fin porque paréceme que é moi difícil representala polo de ter que espirse en público ou ter que darlle unha labazada a un compañeiro o reparto.

Non por isto quero dicir que sexa unha mala obra, todo o contrario, sen embargo esta obra a min non me gusta polo seu carácter lento e sen momentos de acción. Tamén é verdade que o final é un gran final e é moi inesperado polo cal enriquece a obra.

Os personaxes desta obra son moi variados e son todos personaxes redondos con historias propias e que evolucionan no final. 

Tomás Beiras Rivas (4º ESO)

Andel de Libros (XXXVIII): Gárgola, de Carlos Vila Sexto



Este libro gustoume moito e chamoume a atención dende o principio, porque a min persoalmente gústame moito os libros de medo e de tensión.

Chamoume a atención que Carlos Vila Sexto escribise este libro con tan só quice anos, porque está moi ben planteado e redactado, aínda que é algo rebuscado co vocabulario.

Recomendaríalle este libro a todo aquel que lle gusten as historias inquedantes e de medo, xa que este libro crea grandes tensións en varios momentos da historia.

Para min un dos momentos máis importantes do relato é cando limpando o faiado con seu pai atopa un trofeo con catro nomes, porque grazas a iso descobre que un deles era moi importante na súa vida e el non o sabia.


O final do libro non está mal, aínda que non é un final feliz, pero todo remata como debería rematar, xa que finalmente pode reunirse con súa irmán e co resto da súa familia.

Adrián Landeira Pose (3º ESO)

Andel de Libros (XXXVII): Formigas, de Tucho Calvo



A min este libro gustoume moito xa que é un libro de  medo e gústanme ese tipo de libros. Tamén me gustou moito porque é un libro fácil de entender e ten un vocabulario doado de comprender, non o ten rebuscado como outros libros. Tamén me gustou porque se le moi rápido e ten moi poucas páxinas.

A escena que máis me gusta foi a do final, cando deciden acabar con todas as formigas con gasolina para que non houbera máis mortes. Non houbo escenas que non me gustasen, xa que é un libro moi curto, gustoume todo o seu contido, o comezo o final,e  o único que faría sería aumentarlle os personaxes xa que me parece que ten moi poucos.

Recomendaríalle este libro a xente de máis ou msnos 15 anos e que lle gusten as historias de medo porque este libro pódese considerar dese estilo.

Manuel Vázquez Noya (3º ESO)

A min este libro non me gustou, porque esperaba que en certos momentos da trama houbese máis tensión e que pasase algo máis de medo. Outra cousa que non me gustou do libro é que me resultou bastante difícil de entender tanto polo vocabulario que en como a forma de relatar as cousas.

Aínda así é un libro que se pode ler en pouco tempo, e recoméndollo á xente que lle guste ler en xeral, pero sobre todo a quen lle gusten os libros de fantasía.

Para min un dos momentos máis importantes do libro foi cando Lola atopou ó Maragato morto na casa, que era o home que lle falaba do problema que lles estaban a supoñer as formigas, porque aí déronse conta de que non lles estaban a mentir e que tiñan que facer algo urxentemente.

O final que ten non me gustou porque é bastante difícil de entender. A min gustaríame máis que Lola e máis o protagonista se tivesesn que enfrontar ás formigas doutro xeito, e que non tivesen que queimar o monte. O bo do final é que todo volveu á normalidade e todos volveron a ser felices na súa aldea que xa non estaba tan asolagada.

Adrián Landeira Pose (3º ESO)