Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



xoves, 11 de xuño de 2015

Andel de Libros (XLIV): Unha rosa é unha rosa, de Suso de Toro



A min este libro gustoume moito, aínda que ao principio me pareceu un pouco aburrido logo foime empezando a gustar. Ao principio perdinme un pouco xa que mesturaba a historia coa película de Colombo. 

Unha das cousas que máis me gustou cando a vella Rosa se mete no corpo de Rosiña para poder vingarse dos seus sobriños e así facer toda clase de barabaridades.

O final cambiaríallo por un que fixen eu, xa que penso que está mellor que o que ten o libro, o meu é máis romántico xa que Borja e Rosiña acaban namorados. A min persoalmente gústanme os finais felices.

Foime fácil de entender, xa que ten unha linguaxe apropiada.

Sinceramente o teatro é o que máis me gusta ler, xa que o podes ler en alto cos teus amigos e interpretar a voz aínda que non interpretes os xestos.

Sonia Pumar Muíño (4º ESO)

Este libro gustoume moito, xa que non ten moitos personaxes, e tamén me gustou a historia e como ía acontecendo paralelamente á da televisió , ao programa de detectives do señor Colombo.

As escenas que máis me gustaron foron cando Rosa (a vella) se mete no corpo de Rosiña. A que menos me gustou foi cando aparece o detective, e despois morre xunto aos demais.

Non lle faría ningún cambio,  xa que me parece perfecto tal e  como está. Gústame moito o final xa que dá a entender que como Rosiña era moi inocente todo lle acaba saíndo ben, pero aos outros como a queren manipular para quedarse coa súa parte da herenza morren. O único que cambiaría sería a portada, xa que non me ten relación co interior do libro, debido a que é moi abstracta.

O personaxe que máis me gustou foi o de Rosiña, xa que aínda que ao principio é moi inocente ao final vólvese pícara, e sabe defenderse moi ben ela soa.

Sería un libro que recomendaría xa que me parece divertido, e sobre todo recomendaríallo a xente da miña idade.

Sandra Noya Redondo (4º ESO)

Ningún comentario: