Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



xoves, 11 de xuño de 2015

Andel de Libros (XLI): Comedia bífida, de Manuel Núñez Singala



Este libro recomendaríallo a todas as persoas que fan uso da diglosia, así como aos que pese a falar galego diariamente o desprezan e din que "soamente vale para a aldea".

Tamén llo recomendaría ás persoas que lles gusten os libros de teatro cómicos, porque con este non podes parar de rir. Por exemplo, cando as siamesas Lana e Lina din que unha naceu na Coruña e outra naceu en Vigo. Outro momento das siamesas que me pareceu moi divertido foi cando se puxeron a discutir sobre fútbol: unha do Deportivo (a da Coruña) e outra do Celta (a de Vigo) e despois o mesmo co Barcelona e co Real Madrid.

Quedaríame tamén co momento no que xulgan ao señor Eliseu, cando lle mandan xurar e di: "Si, mecagonatós’".

Un dos personaxes que máis me gusta é o do Arcanxo, porque o pobre era un pouco torpe e facía rir.

Noelia Casas García (4º ESO)


Este  libro gustoume moito, pensei que ía ser moi aburrido xa que a min os libros de  teatro non me gustan para nada, pero este non me desagradou xa que ten a súa parte de gracia nalgúns anacos da obra que lle dan moita vida a esta historia.

Tamén me gustou que fose pequeno e ademais moi fácil de ler. E tamén me gustou o tipo de libro, non sei que tema é, pero xa estou canso de tanto medo e de tantas aventuras, e este libro trata varios  temas á vez (comedia, intriga, acción) e está moi ben.

Os personaxes gustaronme moito, sobre todo as siamesas xa que cada unha era o contrario da outra, pero a mellor foi Lina xa que era do Real Madrid e do Celta de Vigo.

O final non me gustou para nada, pareceume moi aburrido e gústame moito máis o final que inventei eu.

O seu vocabulario non é moi difícil e é moi facil de ler, moi recomendable para  todos.

Adrián Ríos González (4º ESO)

Ningún comentario: