A min persoalmente
paréceme unha obra moi interesante onde se mesturan moitos sentimentos e
valores. Mostra especial interese na conciencia humana nos últimos momentos da
vida.
Esta obra fala da loita dos ser humano polo poder e como calquera que
consiga o poder acaba deixando atrás outras cousas. Aínda que aparece a
importancia da lealdade que deixan atrás pola ansia do poder.
Os protagonistas
teñen moitos sentimentos, contrapostos, aínda así todos chegan ao momento da
morte que é cando se dan conta e reflexionan sobre o que foi a vida.
Eu recomendaríalle
este libro as persoas que pensen que os sentimentos non son importantes nos
libros de teatro para facerlle ver todo o contrario. O autor utiliza un
vocabulario culto por exemplo (hoste, rebento, arriar, cetro, abafar……) con gran abundancia e moitos adxectivos.
Iván Señarís Veiras (4º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario