Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



xoves, 11 de xuño de 2015

Andel de Libros (XLII): O heroe, de Manuel Rivas



O libro gustoume xa que é divertido, sobre todo cando intenta matar a Lanzarote coa navalla antes de que Gloria o tranquilizara e lle impedira facelo. Tamén me gustou a parte en que se quería queimar xa que hai que ser valente para facelo e arriesgar a vida por unha cousa que se cadra non consegues.

A parte que máis me gustou do libro foi cando se decide queimar para intentar cambiar a sociedade e quedar coma un heroe, aínda que houbo unha tormenta e impediulle queimarse.

A linguaxe pareceume sinxela xa que se entendía moi ben a maioría das palabras, aínda que tamen hai algunhas palabras que non entendías pero sacabalas polo contexto.

Recomendaríalle este libro a todas aquelas persoas quer lle gusten os libros de entretemento e que non queiran perder moito tempo lendo xa que é rápido de ler.

Álvaro Noya Rey (4º ESO)


A min este libro gustoume bastante, porque me gustan moito os libros que teñen personaxes deportistas como Caronte. Ademais gústame moito o personaxe de Ana, a moza de Caronte xa que é cantante e me gusta moito a música.

Gustoume moito que falase da festa dos Caneiros, porque é unha festa que hai en Betanzos á que acostumo a ir todos os anos coa miña familia.

Para min a escena que máis me gustou foi cando Caronte se ía queimar na torre de Hércules.

O personaxe que máis me gustou foi Caronte porque é un boxeador e o que menos Lanzarote porque andaba buscando un heroe para que cambiara España pero el non se atrevía.

Para min este libro non ten unha linguaxe moi difícil e lese bastante rápido.

Recomendo este libro para todas as idades porque non é complicado de ler e considero que é axeitado para todas as idades.

Adrián Recouso Pena (4º ESO)

Ningún comentario: