Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



miércoles, 20 de marzo de 2013

Un poema (moi útil) no Día Mundial da Poesía


Ben sabedes que por problemas de axenda, non se puido organizar para mañá 21 de Marzo un evento conxunto para celebrar este día, mais dende a biblioteca non queremos deixar de regalarvos un poema que pode axudarvos (a algúns, outros xa sabemos que ides ben sobrados, jeje...) a conquistar a quen lle teñades botado un ollo. E seguro que as rapazas tamén poden aplicarse algunha destas ensinanzas nos seus amoríos tamén.



REGLAS DE JUEGO PARA LOS HOMBRES QUE QUIERAN AMAR A LAS MUJERES


I

El hombre que me ame
deberá saber descorrer las cortinas de la piel,
encontrar la profundidad de mis ojos
y conocer lo que anida en mí,
la golondrina transparente de la ternura.

II

El hombre que me ame
no querrá poseerme como una mercancía,
ni exhibirme como un trofeo de caza,
sabrá estar a mi lado
con el mismo amor
con que yo estaré al lado suyo.

III

El amor del hombre que me ame
será fuerte como los árboles de ceibo,
protector y seguro como ellos,
limpio como una mañana de diciembre.

IV

El hombre que me ame
no dudará de mi sonrisa
ni temerá la abundancia de mi pelo,
respetará la tristeza, el silencio
y con caricias tocará mi vientre como guitarra
para que brote música y alegría
desde el fondo de mi cuerpo.

V

El hombre que me ame
podrá encontrar en mí
la hamaca donde descansar
el pesado fardo de sus preocupaciones
la amiga con quien compartir sus íntimos secretos,
el lago donde flotar
sin miedo de que el ancla del compromiso
le impida volar cuando se le ocura ser pájaro.

VI

El hombre que me ame
hará poesía con su vida,
construyendo cada día
con la mirada puesta en el futuro.

VII

Por sobre todas las cosas,
el hombre que me ame
deberá amar al pueblo
no como una abstracta palabra
sacada de la manga,
sino como algo real, concreto,
ante quien rendir homenaje con acciones
y dar la vida si es necesario.

VIII

El hombre que me ame
reconocerá mi rostro en la trinchera,
rodilla en tierra me amará
mientras los dos disparamos juntos
contra el enemigo.

IX

El amor de mi hombre
no conocerá el miedo a la entrega,
ni temerá descubrirse ante la magia del enamoramiento
en una plaza llena de multitudes.
Podrá gritar -te quiero-o hacer rótulos en lo alto de los edificios
proclamando su derecho a sentir
el más hermoso y humano de los sentimientos.

X

El amor de mi hombre
no le huirá a las cocinas,
ni a los pañales del hijo,
será como un viento fresco
llevándose entre nubes de sueño y de pasado,
las debilidades que, por siglos,
nos mantuvieron separados
como seres de distinta estatura.

XI

El amor de mi hombre
no querrá rotularme y etiquetarme,
me dará aire, espacio,
alimento para crecer y ser mejor,
como una Revolución
que hace de cada día
el comienzo de una nueva victoria.



Andel de Libros (XLIII), Trampa de luz, de Agustín Agra


Trampa de luz, Agustín Agra, Xerais


A historia, polo menos para min,é algo confusa, e o final tampouco me gusta, porque esperaba que todo fose un soño ou algo así. Non me quedou moi claro o do libro do Gran Poema tampouco. Este tipo de libros, surrealistas, non me gustan.
Non sabría o que cambiarlle, aínda que unha das cousas sería que nalgúns momentos fale en pasado e despois volva ao presente.
Como escenas máis importantes quédome na que Irene colle o libro vello de seu pai, porque é a partir de aí cando sucede todo.
O libro é moi curto, fácil de entender, aínda que algunhas palabras tívenas que buscar.
Na miña opinión, non me gustou demasiado este libro.

Marta Otero Ramas (3º ESO)

Andel de Libros (XLII): Amor dos quince anos, Marilyn, de Agustín Fernández Paz





Os meus relatos preferidos foron os dous primeiros, “Un problema de ósos” e “Amor dos quince anos, Marilyn” xa que a historia que contan gústame máis e foime máis doada de entender debido á maneira na que está escrita e á linguaxe usada.
Os outros relatos, “Malos tempos para as pantasmas”, “Un templo para gatos” e “Un sono que adelgaza”, tamén me gustaron, pero seguramente cambiaría a forma na que están redactados.
Pero polo xeral é un libro fácil de ler e tamén entretido e ademais, e máis fácil de resumir, porque como son varios relatos podes ir un por un, e ainbda que leve máis tempo e ocupe máis, é máis cómodo. Sorprendeume tamén porque a min non me soen gustar os libros por relatos, pero este estivo bastante ben, xa que Agustín Fernández Paz é un escritor que me soe gustar.
 
Miriam Castro Deus (3º ESO)

Andel de Libros (XLI): As mans do medo, de Xosé Miranda





A min este libro encantoume, xa que era todo de misterio e de finais abertos e a min eses tipos de libros gústanme moito.
En sí o libro é moi sinxelo de ler e os relatos enganchan moito a persoa que os le.
Gustaríame moito que o autor fixera outro libro coma este para seguir lendo eses relatos tan bonitos e que te deixan con moita intriga e queres saber como remata e o que lles sucede aos personaxes.
Neste libro non podería dicir algo concreto que me guste do libro, xa que me gusta todo o libro en si. Non cambiaría nada deste libro xa que está moi ben feito tal e como o escribiu o autor.
No primeiro que me fixei ao coller este libro foi na portada xa que me gustou moito o debuxo que aparecía nela. Cando lin o resume que aparece por detrás do libro xa me cautivou de todo.
Eu recomendolle a toda a xente que lle guste ler libros de misterio e que teña os finais abertos, recomendolle este libro xa que este ten todo o que poidas atopar nun libro.
 
Laura Moar Iglesias (3º ESO)

Andel de Libros (XL): O País adormentado, de Xabier P. DoCampo


O País adormentado, Xabier P. DoCampo, Xerais

A miña valoración persoal sobre este libro é positiva.

O País adormentado gustoume bastante, pero creo que os capítulos se facían moi longos. Describía demasiado todo e iso quizá o fixera un pouco aburrido polo medio (polo nó), pero ó final, no desenvolvemento da batalla que teñen por salvar ó seu país, vólvese interesante porque ademais, non paran de rodar cabezas polo chan.

En xeral, o libro está moi ben escrito e enténdese perfectamente todo o contido del.

E aínda que estea escrito en 1ª persoa, pola protagonista Aurora, enténdese moi ben, porque hai veces que libros escritos en 1ª persoa son un lío e non se entende gran parte do libro.

Belén García Lijó (3º ESO)

Andel de Libros (XXXIX): Tres pasos polo misterio, de Agustín Fernández Paz


Tres pasos polo misterio, Agustin Fernández Paz, Xerais

O libro gustoume bastante, ainda que pensaba que ía ser moi aburrido xa que tres relatos nun libro íanme costar moito entendelos e facer o traballo, pero ao final estivo moi ben, sobre todo o relato do faro, xa que o final gustoume moito, non coma o dos outros dous que non me gustaron nada de nada, xa que me gustarían que contaran as cousas máis adiante no tempo, que seguiran contando como acababan as historias do arqueólogo e da rapaza.

Cambiaría o final do relato ”A serpe de pedra” xa que non me gustou nada que o arqueólogo quedara de mentireiro aínda que dixese a verdade xa que as demais persoas non o crían.

O libro entendino bastante ben xa que non era moi difícil nin tiña palabras moi difíciles para min, aínda que algunas expresións eran difíciles de comprender a primeira vez que os lias, pero se os volvías a leer xa os entendias prefectamente e sen dificultade ninguna.

Adrián Ríos González (3º ESO)

Relatos de misterio (II): Ás veces cando te dás conta xa é demasiado tarde, por Alba Docampo

ÁS VECES CANDO TE DÁS DE CONTA XA É DEMASIADO TARDE
   Un 8 de Decembro de 1989 ninguén podería saber o que ia suceder. Son as 11 da mañá, toda a cidade está totalmente branca, non hai o primeiro coche  polas estradas, os tellados estában totalmente recubertos de neve, as beirarúas estaban totalemente  baldeiras, soamente se podían ver un neno pequeno que xogaba coa súa nai no parque.
A muller era morena, alta, tiña un rostro que só con mirala se vía que non estaba pasando polos seus  mellores momentos, un rapaz pequeno duns 5 anos. Todo estaba totalemente deserto eu volvin meterme na cama e  taparme coas sabas xa que a traballar non podía ir.
Pasadas unhas horas volvín levantarme mirei pola xanela e  vin ao mesmo rapaz alí no parque miraba para un lado e para o outro  pero  non estaba aquela muller morena alta....onde estaba?
Seguía mirando para un lado e para outro pero non conseguía vela. Saquei o pixama rápidamente, vestinme coa primeira roupa que collín por diante e decidín  ir cara onda o rapaz pero ao verme colleu e botou a correr. Todo era moi estraño. Non entendía nada. A ese rapaz que lle pasaba? Onde estaba a súa nai?
Miro para atrás e as beirarúas estaban totalemente colapsadas por xente que viña cara min quedei parada esperando ao que podería pasar, pero toda a xente pasou de longo, incluso a  xente pasaba por onda min e me pisaba e me golpeaba sen darse de conta.
Eu non podía saber o que estaba sucedendo, collín e  botei a correr cara a miña casa de novo. Estaba na cama, decidin taparme coas sabas ata a cabeza e collín e púxenme a durmir coa esperanza de poder levantarme e dicir que todo foi un soño.

8 de Decembro de 1989  ás 17:23. Levanteime a fume de carozo, abrn a xanela e seguía ali o rapaz no parque. A xente andaba toda no mesmo sentido. O rapaz seguía xogando, a súa nai nin estaba. Eu non entendía nada, levanteime e fun á garda civíl dar parte do sucedido. Dixéronme que non me procupara por nada que eles estudarían o asunto.
Eu non paraba de darlle voltas, iso tiña que estar a ser un soño, pensaba para min mesma que podería estar alucinando xa que eu levaba tempo moi deprimida. Non estaba a gusto comigo mesma desde que miña nai morrera atropelada por un camión. Non conseguia nin un día estar tranquila. Estaba sentada no sofá dándolle voltas ao sucedido,  tratando de sacar algunha conclusión.
Soa o teléfono. Collo rápidamente. Son os da garda civil. Nada raro encontraron no asunto e dixéronme que me voltarían chamar e que non cerrarían o caso. A verdade é que quedei algo máis tranquila pero voltei a mirar pola xanela e ali estaba o rapaz.
 Pensei  no que me dixeran os gardas, acouguei e decidin  lavarme, vestirme, peitearme e ir ver unha película ao cine, cousa que xa había uns anos que non fixera. Xa as miñas amigas mo dicían: Estás seguido metida na casa, sae algo, distráete. Pero eu desde a  morte de miña nai non tiña ánimo ningún. As rapazas tentaban sacarme da casa e que podía ir a Ordes de festa, ir de compras pero eu intentaba esquivar cada unha das invitacións que me facian cada día. Ese día elas non me invitaron, non me chamaron e non me botaron a bronca, nin me dixeron que saíra da casa, nin a miña familia me chamara para dicirme que aínda había morrer durmindo.
Ese día decidin ir ao cine eu soa. Había unha película que a verdade vira anunciar na tele e me parecera que tiña boa pinta. Era o día da estrea. Había máis xente... non collía nin unha mosca. Collín as entradas e entrei  tan rápido como puiden para a sala, senteime, acomodeime, saquei a chaqueta e púxenme a mirar para a pantalla.
A película empeza. Era raro, na miña fila estaba toda unha familia pero había un oco entre min e esa familia. Pareceume estraño. Empeza a pelicula "A morte  non pode con todo", 5 min de película, 10, 23... e de súpeto entra un rapaz moi semellante a aquel que vira no parque pero non era, pois este home tería uns 20 anos, secadra tiñaos, e veu e sentou a carón de min. Mirou para min. Eu vino pero non lle prestei atención e dixome susurrándome: Non hai moito que empezou non? Eu quedeime sen palabras. Era tan guapo, tan atractivo, tan... pero díxenlle: Non, acaba de empezar. Cada un mirou para a pantalla.
A película empezou con gran intensidade. Era unha muller duns 40 anos que tivo un accidente de tráfico e morreu e deixou aos seus fillos sen nai. Eu identifiqueime tanto con esa historia que xa empecei a chorar. As bágoas empezaron a empapar os meus ollos verdes e a deslizarse suavemente polas miñas meixelas. O rapaz que tiña ao lado viume e ofreceume un papel para secar as lágrimas e logo seguiu mirando para a película. Eu seguía mirando a película pero a cada minuto parecía como se estivera feita coa miña propia vida. Todo era tal e como a min me sucederá. Unha nai morta, uns avós enfermos, un pai do que non sei nada... Non entendía nada e por encima un rapaz que ninguén sabia o que lle acontecía o mesmo que me pasara está maña...
Collín as miñas cousas e marchei encanto puiden. Non podía soportar máis esa situación. Saín correndo, collín o coche e fun para a miña casa. Estaba diante da casa, ía baixar, tiña os ollos empapados de auga, non podía máis, todo era demasiado para min.
Baixei do coche, ía abrir a porta e escoitei unha voz por detrás que me dicía: Estás ben?
Coñecino xa pola voz. Era el, ese rapaz que estivera ao meu lado no cine, mirei para atrás e abraceino tan forte  como puiden.  Foi inevitable, mentres o abrazaba as miñas lágrimas seguíanse deslizando pola miña cara, deume un bico e díxome que fora forte, que el estaba comigo.
Subimos á miña casa e ofrecçínlle algo de beber, pero non quixo. Conteille todo o que me estaba a suceder e díxome que el estaba casado e que tiña un fillo, pero que non sabía nada deles, buscáraos por ceo e terra, pero non os deu encontrado.
Nada máis escoitar a palabra “rapaz” levanteime, abrin a xanela e ali estaba o neno coma sempre, xogando. Boteille un berro e díxenlle que fose para a casa. El miroume  pero non me fixo caso. O rapaz que estaba acarón miña berroulle tamén aindaque non vira ao rapaz e rapidamente o rapaz mirou para a ventá. O home saíu a mirar á xanela pero antes de que o home dera mirado xa a nai do cativo o obrigou a entrar.
O home quedouse mirando para aquel parque e empezoume a contar todas as horas que pasara alí coa súa muller e o seu fillo xogando. Eles eran moi felices pero un dia tiveron unha pelexa  pola cal ela se empezou a sentir moi mal e marchou e nuunca máis soubo nin do seu fillo nin da súa muller. O  home empezouse a encontrar tamén mal e non puido evitar soltar unha que outra lágrima, lágrimas que  a  metros de lonxe se lle vía que non eran ningún conto, que de verdade o estaba  a pasar mal.
Estivemos así un bo tempo, contándonos a nosa vida, chorando, rindo, pero chegou a hora que había que despedirse e cada un foi para a súa casa. El vivía algo lonxe de onde eu estaba, así que deixoume o seu número e pediume que o chamara.
Ao que marchou empecei a pensar e algo me dicía de que aquel neno e aquela muller algo tiñan que ver con aquel home. Foi moi estraño que nada máis escoitar a voz do home rapidamente a muller chamara polo neno para dentro, algo me dicía que ese era o seu fillo, parecíanse moito en todo, na mirada, en todo.

9 de Decembro de 1989. Levanteime. Algo me dicía que sería un bo día. Rapidamente abrín a xanela, vin o neno, nin me cambiei. Saín correndo e alí estaban a nai e o fillo.
Tan pronto como me viron intentaron fuxir, pero deinos collido e falano con eles. Estivemos falando un bo cacho, aínda que a maioria das veces simplemente era eu a que falaba e pouco a pouco funlle sacando que o pai do neno non sabían onde estaba, díxome que tal vez morrera, por iso non volveran a saber del.
Ela contoume que o seu pai marchara de onda eles porque estivera moi alcoholizado. Eu non lle crin nada e decidín coller e despedirme, darlle dous bicos ao neno, pero cando se deu a volta a mochila poñía o nome e os apelidos: Mateo Rodriguez Castedo.
 Collín o móbil e chamei axiña ao rapaz do cine e díxenlle o que estaba a acontecer, díxenlle o nome do neno, os apelidos e díxome: Eu chámome Alex Rodriguez Iglesias, ese  non é o nome do meu fillo ... O meu fillo apelidabase exactamente asi pero chámase coma min xa que Ana, a súa nai, quixo chamalo así porque  era o meu nome e disque o home de toda a súa vida.
En menos de 2 horas xa estaba Alex na miña casa. Abrimos a ventá e alí estaba o neno e dixo: É el e saíu correndo da casa e foi cara a el. Púxose diante del pero o neno non sabía quen era. O home colleuno e o neno púxose a chorar.
De súpeto apareceu a súa nai e díxolle: Deixa o neno aí! Que fas aqui? Marcha xa!!
O home pousou o neno no chan e foi cara á muller e díxolle: Este é o meu fillo, ti estivéchesmo ocultando. Onde vos meterades?
Ana colleu e neno e púxose a correr cara á casa e entón Alex empezou a perseguilos pero pasou un camión e conseguiu arrasar con Alex. O neno mirou para atrás ao escoitar ese forte ruído e púxose a chorar. A nai colleu o neno e botouse a correr cara onde estaba Alex pero era demasiado tarde. Alex estaba morto. Eu non fun capaz de moverme do sitio, simplemente vin como fora o mesmo que me pasara a min unha vez que corrín para salvarlle a vida a miña nai.  Xa era tarde.  As rodas do camión xa acabaran con ela.
Escoitábase  a Ana chorar. O neno  tamén. E eu que xa non entendía nada desta vida porque tiña que ser tan dura...
Eu sen nai e ese fillo sen pai. El aínda non se da de conta pero paso a paso irá medrando e dárase de conta que hai que actuar rapidamente e ás veces aínda sendo así tardase moito.
Alba Docampo Noya (3º PDC)

Andel de Libros (XXXVIII): Sobrevives?, de Fina Casalderrey


Sobrevives?, Fina Casalderrey, Xerais

Unha magnífíca obra dunha das mellores, ou posiblemente a mellor autora galega en categoría xuvenil. Trata sobre un rapaz con moitos problemas, tanto na escola como na casa, e o destino non parará de darlle máis problemas. Non lle importa o que lle digan, só lle fai feliz ir ao monte cos seus cans, o seu ben máis preciado.
Na obra a autora intenta imitar o modo de vida dun chaval de 17 anos, que na súa vida só se namorara unha vez. Era loira pero foron deixándose de falar e a chavala púxolles os cornos con outro. Na miña opinión, escribe moitas veces que lle gustan os cans. Tamén abusa un pouco dalgunha palabras malsoantes.
Pero á excepción diso o libro está ben.

Miguel Rey Viqueira (3º ESO)