Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



miércoles, 20 de marzo de 2013

Andel de Libros (XLII): Amor dos quince anos, Marilyn, de Agustín Fernández Paz





Os meus relatos preferidos foron os dous primeiros, “Un problema de ósos” e “Amor dos quince anos, Marilyn” xa que a historia que contan gústame máis e foime máis doada de entender debido á maneira na que está escrita e á linguaxe usada.
Os outros relatos, “Malos tempos para as pantasmas”, “Un templo para gatos” e “Un sono que adelgaza”, tamén me gustaron, pero seguramente cambiaría a forma na que están redactados.
Pero polo xeral é un libro fácil de ler e tamén entretido e ademais, e máis fácil de resumir, porque como son varios relatos podes ir un por un, e ainbda que leve máis tempo e ocupe máis, é máis cómodo. Sorprendeume tamén porque a min non me soen gustar os libros por relatos, pero este estivo bastante ben, xa que Agustín Fernández Paz é un escritor que me soe gustar.
 
Miriam Castro Deus (3º ESO)

No hay comentarios: