Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



miércoles, 20 de marzo de 2013

Andel de Libros (XL): O País adormentado, de Xabier P. DoCampo


O País adormentado, Xabier P. DoCampo, Xerais

A miña valoración persoal sobre este libro é positiva.

O País adormentado gustoume bastante, pero creo que os capítulos se facían moi longos. Describía demasiado todo e iso quizá o fixera un pouco aburrido polo medio (polo nó), pero ó final, no desenvolvemento da batalla que teñen por salvar ó seu país, vólvese interesante porque ademais, non paran de rodar cabezas polo chan.

En xeral, o libro está moi ben escrito e enténdese perfectamente todo o contido del.

E aínda que estea escrito en 1ª persoa, pola protagonista Aurora, enténdese moi ben, porque hai veces que libros escritos en 1ª persoa son un lío e non se entende gran parte do libro.

Belén García Lijó (3º ESO)

No hay comentarios: