Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



miércoles, 20 de marzo de 2013

Andel de Libros (XLI): As mans do medo, de Xosé Miranda





A min este libro encantoume, xa que era todo de misterio e de finais abertos e a min eses tipos de libros gústanme moito.
En sí o libro é moi sinxelo de ler e os relatos enganchan moito a persoa que os le.
Gustaríame moito que o autor fixera outro libro coma este para seguir lendo eses relatos tan bonitos e que te deixan con moita intriga e queres saber como remata e o que lles sucede aos personaxes.
Neste libro non podería dicir algo concreto que me guste do libro, xa que me gusta todo o libro en si. Non cambiaría nada deste libro xa que está moi ben feito tal e como o escribiu o autor.
No primeiro que me fixei ao coller este libro foi na portada xa que me gustou moito o debuxo que aparecía nela. Cando lin o resume que aparece por detrás do libro xa me cautivou de todo.
Eu recomendolle a toda a xente que lle guste ler libros de misterio e que teña os finais abertos, recomendolle este libro xa que este ten todo o que poidas atopar nun libro.
 
Laura Moar Iglesias (3º ESO)

No hay comentarios: