Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



jueves, 11 de diciembre de 2014

Xeitosos e solidarios

Imaxe: Facebook (Os Xeitosos de Trazo)

Moit@s d@s nos@s alumn@s e ex alumn@s forman parte ou teñen formado parte desta asociación cultural. Teñen animado festas no centro escolar e nas rúas, por moitas partes de Galicia.

Queremos felicitalos polo seu aniversario e recordarvos que o vindeiro sábado van celebralo  solidariamente en Compostela. Un bo plan para a fin de semana.

Andel de Libros (VI): Unha presa de terra, de Marilar Aleixandre



Este libro gustoume moito porque é un libro detectivesco e bastante entretido. O único que lle reprocho é que sexa un final tan obvio e que se saiba xa dende o principio, pero polo resto está ben porque é un libro fácil de ler e que te engancha, non polo final pero por saber que vai facer a rapaza para descubrilo ou como o vai facer. 

Os personaxes son todos moi carismáticos e con moita personalidade, e estes reflicten moi ben a vida real e como son os veciños. O momento que máis me gustou foi cando o policía se equivoca de culpable e a detective acerta.

A linguaxe pareceume moi sinxela e adaptada para todos os públicos.

Recoméndolle este libro aos rapaces que lles gusten os libros de misterio, pero que tampouco se queiran matar a pensar como e quen o faría.

Tomás Beiras Rivas (4º ESO)

Este libro, a min persoalmente gustoume moito, porque é de misterio, e todo o relacionado con ese tema encántame. Tamén me gustou porque é moi fácil de ler, e non te perdes polo medio.

A escena máis importante penso que foi cando Pepe estaba a piques de tirar a Ana polo balcón, e de súpeto apareceu Silvia cunha pistola na man, e disparoulle no xeonllo ó home. Penso que é moi importante, porque foi cando se descubriu quen fora o asasino, e tamén porque lle salvaron a vida a Ana.

O tema é moi emocionante, porque non podes parar de lelo unha vez que empezas, e queres saber como vai acabar todo.

Non faría ningún cambio, gústame tal e como está. E en canto ó novo final, prefiro o do libro.

A lingua foime moi fácil de entender, aínda que había algunhas palabras que non sabía o seu significado, pero sacábanse facilmente polo contexto.


Este libro recomendaríallo a toda a xente, que lle guste ler, porque engancha moito, e é moi entretido.

Jennifer López Becerra (4º ESO)

A min este libro pareceume unha boa maneira de lle mostrar ao mundo a violencia de xénero, xa que todos os días aparecen mulleres mortas a mans das súas parellas ou exparellas. Por outro lado tamén mostra que as persoas non nos podemos fiar das aparencias xa que nos poden enganar. 

É unha obra xuvenil. O que máis me gustou do libro é cando Ana empeza a investigar o caso, xa que ten a sensación de que anda dando os mesmos pasos que xa deu a policía, sen obter ningún resultado. 
Por outra banda o que menos me gustou do libro é a parte do principio xa que ten moitas descricións e se non tes interese por ler o libro non che vai a gustar nin un pouco.

Con respecto a lingua é moi comprensible e fácil de ler.

En xeral a min gustoume moito e recomendaríalle a xente que o lese xa que é moi entretido e unha vez que comezas a lelo non paras ata que o terminas.

Miriam Baleato Fraga (4º ESO)

Andel de Libros (V): Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas


Memorias dun neno labrego. Xosé Neira Vilas. Galaxia

Este libro a min gustoume moito porque é moi orixinal e porque eu son de aldea e aínda que eu non tiven a necesidade de ter que facer nada diso foime moi fácil de comprender a súa maneira de pensar e de actuar.

O que máis me gustou do libro foi que Balbino dicía que aínda que viña moi cansado que lle gustaba moito ir á feira e que merecía a pena.

O que menos me gustou foi cando o pai lle pegou ao fillo diante do señor e que o rapaz caía e volvíase a levantar xa que sabía que a seu pai iso tampouco lle gustaba, pero que o tiña que facer para poder seguir vivindo e traballando esas terras.

Con respecto ao vocabulario a min pareceume fácil de comprender pero creo que se quen o lese fose unha persoa de cidade non creo que entendese nada xa que este libro contén moitas expresións propias da cultura galega pero aínda así eu si que llo recomendaría porque moita xente ten unha visión equivocada da vida da xente do rural.

Miriam Baleato Fraga (4º ESO)

Este libro,tiña moitas ganas de lelo porque é un ‘’clásico’’ e moita xente me ten dito que lles encantara. A min persoalmente, gustoume (ao contrario do que eu pensaba ao principio), paréceme fácil de ler e ademais non ten palabras moi difíciles de entender.

Gústame a maneira que ten Xosé Neira Vilas de relatar. Nunca lera un libro del, pero paréceme que neste libro, polo menos, non é aburrido nin se fai pesado lelo.

Gústame porque reflicte o que era a vida na aldea fai anos atrás.Un dos momentos que máis me gustou, foi cando Lelo axuda a Balbino a saír da auga e se fan amigos, os mellores amigos, e despois cóntanse todo, aínda que me dá pena cando Lelo emigra coa súa familia sen poder despedirse do seu amigo e o pobre Balbino queda moi triste.

O capítulo que menos me gustou foi o do loito, porque o pobre rapaz non lle deixaban facer nada por culpa diso.

Recomendo totalmente este libro porque é moi ameno, aínda que algúns capítulos sexan algo aburridos.

Noelia Casas García (4º ESO)

Pois a verdade é que, ó contrario do que eu pensaba, este libro gustoume moito, porque á parte de ser entretido e fácil de ler, tamén nos mostra moi detalladamente como era a sociedade na época de Balbino.

A escena máis importante penso que foi cando Balbino lle guindou un cantazo a Manolito, porque demostrou que tiña moito valor.

O tema penso que é triste e alegre ó mesmo tempo, porque naquela época vivíase nunhas condicións pouco axeitadas, pero os rapaces ilusionábanse con calquera cousa, ó que a xente de agora xa non lle dá importancia, como pode ser unha caixa de madeira.

Non faría ningún cambio, e con respecto ó novo final, prefiro o do libro e non o meu.


A lingua foi bastante fácil de entender, xa que se usan moitas palabras da nosa vida cotiá, que estou farta de oír cada día, e algunha palabra que non entendía sacábase facilmente polo contexto no que se atopaba.

Jennifer López Becerra (4º ESO)


Este libro foi un dos que máis me gustou dos que lin, ainda que non foran moitos.

Gústanme tanto as historias que conta, aínda que acaben todas cun final tráxico, por definilo dalgunha maneira, e tamén me gustan as personaxes, xa que che permite que ti os imaxines, pero ao mesmo tempo teñen unha descrición caracteristica cada un.

Tamén me gusta que ao principio de cada capitulo hai unhas palabras claves que van en maiúscula.

Un dos relatos que máis me gustaron foron as da "Pedra" e "O meu  amigo". Parecéronme moi 
bonitos xa que nun maosa un concepto de amizade que penso que se perdeu, e o outro gustoume porque me dá rabia que o pai non volva por el cando lle mandaron pegarlle.


O final si que non esperaba así xa que durante toda a historia lle pasan cousas negativas pensei que ía acabar tirado por algun lugar.

Sandra Noya Redondo (4º ESO)

Andel de Libros (IV): A esmorga, de Eduardo Blanco-Amor




Esta historia gustoume moito, resultoume moi entretida e moi interesante para ler. O que me custou moito foi o principio, porque non entendín nada do que poñía este libro, e tamén me custou moito entender o final, xa que non me daba de conta de que o home estaba declarando. Tiven que lelo dúas veces para enterarme de algo. Unha vez que me enterei de que ía, o libro resultoume moi fácil de ler.

O que máis me gustou do libro foi cando os personaxes se ían metendo en líos cada dous por tres. O que máis me gustou foi cando Cibrán lle prendeu lume ao pazo do castelo, porque me pareceu unha situación moi graciosa. Este libro, para non ser nin de intriga, nin de misterio,nin de aventuras, gustoume moito.

Eu recomendaríallo a calquera persoa que lle guste moito ler, xa que esta historia é moi difícil de entender de que trata.

Diego Gutiérrez Castiñeiras (4º ESO)

A min este libro pareceume un pouco difícil de ler, xa que ten moitos dialectalismos e moitas desas palabras non sei o que significan, Tamén me pareceu difícil porque uns personaxes falan o galego e outros falan o castelán, pero á parte disto o libro gustoume bastante.

Creo que neste libro se reflicte ben a realidade da época no que está narrado, especialmente nos mundos marxinais da cidade de Auria.

O momento máis importante da historia foi cando descobren que a muller tan fermosa é unha boneca e deciden ir á casa de Socorrito, iso é o que vai desencadear o resto da historia. Faría cambios no final porque queda algo dubidoso non se sabe verdadeiramente a morte do protagonista, de Cibrán.

A lingua é difícil xa que é dialectal e hai moitas palabras que tiven que buscar no dicionario e algunhas non aparecian

Sonia Pumar Muíño (4º ESO)

Este a dicir verdade pareceume un gran libro e se me apuras o mellor dos libros que lin en galego, dado que ten de todo: os personaxes van de festa e emborráchanse, fan liortas moi grandes como queimar unha bodega, hai asasinatos e unha muller fermosa, tensión e un final a modo de climax. 

Ademais neste libro é moi fácil sentirse identificado con calquera personaxe xa sexas o tipo de persoas que lles gusta emborracharse cos colegas e ir de taberna en taberna, a muller fermosa, ou incluso a nai e ama de casa que coida da súa familia por riba de todo.

A única dificultade deste libro é o seu galego antigo, pero cando te acostumas a tres ou catro palabras o libro lése perfectamente e sen ningún problema.

Polo tanto recoméndolle este libro a toda clase de persoas e recoméndolles que se paren un pouco e se intenten poñer na pel dos personaxes porque de seguro que gozarán da súa lectura.

Tomás Beiras Rivas (4º ESO)

Gustoume bastante o libro xa que é bastante divertido, sobre todo cando fan  mal por toda a rúa por exemplo cando queiman o pazo e cando van á casa da muller misteriosa.

Este libro foi o que máis me gustou ler en todos os anos de galego xa que este fala moito como fala a xente da rúa e non con moitas palabras que non se entenden. Ademais quedabas enganchado cando empezaban a facer mal por todo e non sabías o que farían despois.

O que menos me gustou foi a introdución xa que é algo aburrida e repite sempre o de “si señor” e non entendín moito do que dicían ata que me dei conta que lle falaba a un xuíz. 

A linguaxe pareceume fácil, ainda que había moitos dialectalismos como "sintiu", moitas acoutacións como "vamos pa" e vulgarismos.

Este libro recoméndollo a todas as persoas que cheguen a este curso xa que é bastante divertido e moi fácil de ler sabendo que o protagonista lle fala a un xuíz.

Álvaro Noya Rey (4º ESO) 

A min o libro gustoume moito sobre todo por como está feito. O que máis me gustou foron as falcatruadas que os 3 amigos realizaron durante o transcurso da historia.

A esmorga é unha novela tremendista e fantástica ademais toda a historia ocorre nun día, é dicir 24 horas dende pola mañá ata a noite.

O que non me gustou moito do libro é que ao principio dos capítulos Cibrán ( o protagonista da historia) fala cunha persoa que é un xuíz pero se non se sabe que é un xuíz, por iso é difícil entender a historia. 

O libro está escrito nun galego que non se entende moi ben con palabras dialectais ( pra#para, il#el, hastra#ata….). Ademais disto o vocabulario do libro é bastante complexo.

Eu persoalmente recomendarialle este libro a persoas que lle gusten os libros de falcatruadas e persoas maiores de 16 anos xa que o vocabulario do libro é bastante complexo e non se entende moi ben.

Iván Señarís Veiras (4º ESO)

Este libro gustoume bastante se non fose pola dificultade da lectura, porque algunhas palabras eran bastantes dificiles de entender xa que ou eran dialectalismos ou eran palabras que se usaban antigamente e costoume bastante entender o relato ao principio.

O libro en si gustoume moito xa que había moita variedade de temas: pelexas, borracheiras, mulleres, asasinatos…Un pouco de todo e iso gustoume moito deste libro. 

Tameén me gustou moito o seu final xa que eu ao principio non me enteraba da história xa que falaba o protagonista só e polo medio aparecía outro persoaxe pero non falaba e iso desconcertábame pero ao final,cando vin que era un xuíz xa me cadrou todo.

O que máis me gustou do libro foi o final xa que non o esperaba para nada, Non pensaba que morrerian 2 protagonistas, un suicidándose e o outro afogado nunha lagoa.

Adrián Ríos González (4º ESO)