Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



xoves, 11 de decembro de 2014

Andel de Libros (V): Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas


Memorias dun neno labrego. Xosé Neira Vilas. Galaxia

Este libro a min gustoume moito porque é moi orixinal e porque eu son de aldea e aínda que eu non tiven a necesidade de ter que facer nada diso foime moi fácil de comprender a súa maneira de pensar e de actuar.

O que máis me gustou do libro foi que Balbino dicía que aínda que viña moi cansado que lle gustaba moito ir á feira e que merecía a pena.

O que menos me gustou foi cando o pai lle pegou ao fillo diante do señor e que o rapaz caía e volvíase a levantar xa que sabía que a seu pai iso tampouco lle gustaba, pero que o tiña que facer para poder seguir vivindo e traballando esas terras.

Con respecto ao vocabulario a min pareceume fácil de comprender pero creo que se quen o lese fose unha persoa de cidade non creo que entendese nada xa que este libro contén moitas expresións propias da cultura galega pero aínda así eu si que llo recomendaría porque moita xente ten unha visión equivocada da vida da xente do rural.

Miriam Baleato Fraga (4º ESO)

Este libro,tiña moitas ganas de lelo porque é un ‘’clásico’’ e moita xente me ten dito que lles encantara. A min persoalmente, gustoume (ao contrario do que eu pensaba ao principio), paréceme fácil de ler e ademais non ten palabras moi difíciles de entender.

Gústame a maneira que ten Xosé Neira Vilas de relatar. Nunca lera un libro del, pero paréceme que neste libro, polo menos, non é aburrido nin se fai pesado lelo.

Gústame porque reflicte o que era a vida na aldea fai anos atrás.Un dos momentos que máis me gustou, foi cando Lelo axuda a Balbino a saír da auga e se fan amigos, os mellores amigos, e despois cóntanse todo, aínda que me dá pena cando Lelo emigra coa súa familia sen poder despedirse do seu amigo e o pobre Balbino queda moi triste.

O capítulo que menos me gustou foi o do loito, porque o pobre rapaz non lle deixaban facer nada por culpa diso.

Recomendo totalmente este libro porque é moi ameno, aínda que algúns capítulos sexan algo aburridos.

Noelia Casas García (4º ESO)

Pois a verdade é que, ó contrario do que eu pensaba, este libro gustoume moito, porque á parte de ser entretido e fácil de ler, tamén nos mostra moi detalladamente como era a sociedade na época de Balbino.

A escena máis importante penso que foi cando Balbino lle guindou un cantazo a Manolito, porque demostrou que tiña moito valor.

O tema penso que é triste e alegre ó mesmo tempo, porque naquela época vivíase nunhas condicións pouco axeitadas, pero os rapaces ilusionábanse con calquera cousa, ó que a xente de agora xa non lle dá importancia, como pode ser unha caixa de madeira.

Non faría ningún cambio, e con respecto ó novo final, prefiro o do libro e non o meu.


A lingua foi bastante fácil de entender, xa que se usan moitas palabras da nosa vida cotiá, que estou farta de oír cada día, e algunha palabra que non entendía sacábase facilmente polo contexto no que se atopaba.

Jennifer López Becerra (4º ESO)


Este libro foi un dos que máis me gustou dos que lin, ainda que non foran moitos.

Gústanme tanto as historias que conta, aínda que acaben todas cun final tráxico, por definilo dalgunha maneira, e tamén me gustan as personaxes, xa que che permite que ti os imaxines, pero ao mesmo tempo teñen unha descrición caracteristica cada un.

Tamén me gusta que ao principio de cada capitulo hai unhas palabras claves que van en maiúscula.

Un dos relatos que máis me gustaron foron as da "Pedra" e "O meu  amigo". Parecéronme moi 
bonitos xa que nun maosa un concepto de amizade que penso que se perdeu, e o outro gustoume porque me dá rabia que o pai non volva por el cando lle mandaron pegarlle.


O final si que non esperaba así xa que durante toda a historia lle pasan cousas negativas pensei que ía acabar tirado por algun lugar.

Sandra Noya Redondo (4º ESO)

Ningún comentario: