Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



viernes, 12 de junio de 2015

Andel de Libros (XLV): Váter (comedia claustrofóbica), de Roberto Salgueiro


(Con este comentario pechamos neste curso 2014/2015 a sección de lecturas de Lingua e Literatura Galega que se chamou Andel de Libros. Foron un total de 45 títulos diferentes de narrativa e teatro, aínda que moitos deles foron lidos por varias persoas.

Boas lecturas de verán, e que sexan sempre por pracer e non por obriga!!!)

Váter (comedia claustrofóbica). Roberto Salgueiro. Noitarenga.

A min este libro gustoume moito, é moi entretido e moi fácil de ler. Ten un vocabulario moi fácil de entender, moi coloquial e sen expresións difíciles de entender.

A escena que máis me gustou foi cando o crego estoupa e lle di que todo ao fontaneiro se lle importar estar na casa de deus porque o fontaneiro lle gañou un pulso e entón gañou un váter para el.

A escena que menos me gustou foi cando o fontaneiro comeza a falar sobre a morte sen descanso xa que se fai moi aburrido e pesado e danche gañas de parar de ler pero se segues merece a pena.

Váter é un libro moi cómico e moi entretido, eu recomendaríalle a calquera persoa que o lera xa que lle ía gustar sen ningunha dúbida.

Eu a este libro non lle cambiaría nada xa que desa maneira engánchache e faite seguir ata o final todo dun tirón sen parar e con ese final tan inesperado que aínda que non é feliz está moi ben.

Miriam Baleato Fraga (4º ESO)

No hay comentarios: