A min este libro gustoume moito, xa que é una historia que engancha ademais
de facerche deducir cousas erróneas que logo pouco teñen que ver co desenlace
final. A historia podería ser perfectamente real xa que os personaxes están moi
ben elaborados e ambientados no seu tempo. Os capítulos ao ser tan curtos tamén
animan a seguir lendo, e as ilustracións crean una idea xeral da historia.
Aínda que eu teño o libro que publicou La Voz de Galicia e non é o
orixinal, quedei moi contenta co formato do libro, é pequeno, a lectura non se
fai pesada, o vocabulario é fácil e aínda que pareza absurdo ata o tacto das
follas é agradable. Polo tanto en resume gustoume este libro porque a autora
sabe captar ben as necesidades do lector.
Verónica Barreiro Calviño (4º ESO)
Martín Calviño Vicente (4º ESO)
Lucía Andrade Castro (4º ESO)
Para min o momento
máis importante foi cando o home descobre a gravadora. Nese momento sentín una
tensión moi grande, pensei que xa a ía matar sen máis. Outro momento tamén
importante para min foi cando encontraron o cadáver, porque daquela aínda non
sabía de que trataba o libro e chamoume a atención, non me esperaba un libro de
misterio con ese título.
Algún cambio que
lle faría o libro sería poñerlle máis personaxes, que foran entrando ao longo
da historia, pouco a pouco; para crear misterio e desconcerto.
Foi un libro fácil
de ler, e mais, enganchoume tanto a partir do capitulo cinco, que o lin en só
dous días, gustoume moito porque non ten palabras raras e difíciles de saber,
polo contexto atópase algunha que outra, pero sempre as vai haber. Para min un
dos mellores libros que lin de galego, e o que máis me enganchou, non me arrepinto
de escollelo para facer o traballo.
Martín Calviño Vicente (4º ESO)
A min o libro gustoume aínda que no
primeiro momento cando o collín pensei que era de amor pola portada, pero ao ir
lendo deime de conta de que non era así. Nos relatos hai un pouco de todo amor,
contos de bares, “medo”…
En xeral gustoume o libro aínda que hai
relatos que non me gustaron ou non os entendín cando cheguei ao final por
exemplo. En “Só por aí” ou en “A luz do
Yoko”… Iso está claro porque non sempre che vai a gustar e a desgustar todo.
Uns dos relatos que máis me gustaron
foron “A lingua das bolboretas” e “A leiteira de Vermeer”. Unha das razóns
porque me gustara “A lingua das bolboretas” é porque xa sabía de que trataba
porque hai unha película e xa tiña vista. E o de “A leiteira de Vermeer” é
simplemente pola coincidencia que hai na fotografía daquela moza e o cadro da
leiteira.
Lucía Andrade Castro (4º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario